Coa versión en galego da obra de Grover Furr As Mentiras de Khrushchev, publicada xa
hai mais de un ano por Edición Benigno Álvarez, xa practicamente esgotada (seica fican un ou
dous exemplares na libraría Nobel de Ferrol), cun continuo goteo de encomendas
chegadas maioritariamente do Brasil (vale ou non vale a nosa lingua?), cunha
copia escaneada da versión inglesa dispoñíbel na Rede vai boa, coido que non se
lle fai mal a ninguén, senón todo o contrario, publicando de vagar aqueles apartados máis interesantes e/ou amenos do libro. Todas aquelas persoas que, pola razón que for, aínda
non tiveron a oportunidade de o consultaren van poder facelo a través desta páxina.
En Aqueloutras vanse ir subindo, aos
poucos, os apartados cos seus respectivos apéndices. Uns materiais,
estes últimos, que conforman a munición argumental deste amplo e rigoroso
estudo do que pasou á Historia como o Discurso Secreto de Khrushchev.
A vindeira terza feira, 1 de xullo, publicarase o Apartado 1: O Culto á Personalidade
co seu apéndice. Iráse publicando un apartado cada certo tempo (en principio todas as terzas feiras).
A Introdución de As Mentiras de Khrushchev pódese ler en http://edicionsbenignoalvarez.blogspot.com.