Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

21 de dezembro de 2013

O Masacre de Katyn ao descuberto?
En galego o novo traballo de Grover Furr


Arquivo en PDF: 


Películas, documentais e un monte de libros conseguiron que abonde nomear “Masacre de Katyn” para que os ceos se encapoten e negras nubes tracen a face dun Stalin especialmente satánico deitando sangue polos afiados cairos.

O certo é que Katyn, a englobar o nome desta fraga todos os presuntos asasinatos cometidos polos soviéticos durante a guerra, constitúe a pedra chave encol de que se edifica o mito do terror soviético. Non en van é o “acontecemento” sobre o que máis documentación achegaron historiadores burgueses e anticomunistas para conformaren a versión oficial. O “Masacre de Katyn”, a versión oficial elaborada en primeira instancia, non o esquezamos, por Goebbels, viría demostrar a veracidade do resto de “atrocidades” cometidas durante a época de Stalin. Tamén, e non menos importante, representa a perfecta escusa que teñen os “demócratas” dos antigos países socialistas para xustificaren as súas políticas fascistas e racistas antes e durante a guerra.

Mais un recente achado de arqueólogos polacos e ucraínos semella pór en serias dúbidas a versión oficial. Restos persoais de soldados polacos que até agora se dicía que foran asasinados entre abril e maio de 1940 en Kalinin e soterramos en Mednoe, aparecen a centos de quilómetros, en Volodimir-Volinski. É máis, tamén se atoparon documentos datados en 1941 e cartuchos de bala de orixe alemá dese mesmo ano.

Aqueloutras congratúlase de poder ofrecer na nosa lingua este novo traballo do historiador Grover Furr.

5 comentários:

  1. Non se pode acceder ao pdf na web de box, sae un formulario

    ResponderExcluir
  2. Grazas. Xa está arranxado. Pódese descargar o arquivo sen ningún trámite de rexistro.

    ResponderExcluir
  3. Não consigo baixar o arquivo em PDF, como posso consegui-lo?

    ResponderExcluir
  4. Boas Charles. Proba agora. Coido que está solucionado definitivamente.

    Se alguem continúa a ter problemas que envíe unha mensaxe a aqueloutras@gmx.com que lle envío o texto adxunto.

    ResponderExcluir
  5. Graciñas por este traballo, Aqueloutras.
    Segue na liña. Unha aperta.

    ResponderExcluir