A deixar á marxe a incongruencia de calquera
tipo de “testamento” co estilo de traballo bolxevique, a carta que Lenin envía ao
Congreso do Partido en decembro de 1922, coñecida anos despois entre os
opositores como “Testamento de Lenin”, viría ser para estes a proba definitiva
da dexeneración soviética coa chegada do “renarte” Stalin ao posto de
Secretario Xeral e o afastamento das ideas de Lenin.
Mais, é certo que Lenin non confiaba en
Stalin? Existiu un afastamento entre os dous? De ser así, como é posíbel que
Lenin lle pedira a Krupskaia, a súa esposa, que obtivese de Stalin, e de
ninguén outro, a promesa de conseguirlle cápsulas de cianuro para evitar os
seus horríbeis padecementos? (Stalin, quen nun principio aceptara, informou
pouco despois ao Politburo non ter forzas para o facer).
Neste apéndice, Grover Furr achega documentación
crucial para coñecermos a auténtica relación de Stalin con Lenin e o seu círculo
familiar.
Apartado
2: O “Testamento de Lenin”
O link do documento não abre.
ResponderExcluirAgora vai ben.
ResponderExcluirMuito obrigado Charles.