Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

29 de julho de 2014

O soldado alemán
(Apartado 32 de As Mentiras de Khrushchev)





Khrushchev sabía que para deslixitimizar a Stalin tiña de combater algo que era evidente: Stalin era o líder da URSS que esmagou os nazis. Por tanto, boa parte do seu Discurso está encamiñado a eivar o papel militar de Stalin, deixando caer que a URSS venceu a pesar dos múltiples erros de Stalin.
Neste apartado, Khrushchev terxiversa o caso de Alfred Liskow, soldado alemán que desertara e atravesara as liñas soviéticas para informar do ataque nazi. Di Khrushchev que Liskow foi fusilado de inmediato e que Stalin fixo caso omiso da información. Minte, nin foi fusilado nin Stalin foi informado.


Apartado 32: O soldado alemán
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

22 de julho de 2014

Stalin non fixo caso da advertencias de guerra
(Apartado 30 de As Mentiras de Khrushchev)



Damos un salto para nos situarmos no Capítulo 5 dedicado á guerra contra os fascistas, a Grande Guerra Patriótica. Neste ámbito, como non podía ser doutro xeito, tamén Stalin vai recibir paus considerábeis por parte de Khrushchev. Que se era un mal comandante, que non fixo caso dos avisos, que mandou matar comandantes por capricho…, e até que deseñaba as operación nun globo terráqueo, afirmación que nos trae a memoria a coñecida escena de Chaplin no seu O gran ditador. 
Por suposto, afirmacións todas elas falsas.

Apartado 30: Stalin non fixo caso das advertencias de guerra
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

15 de julho de 2014

“Dirección colexiada” no traballo
(Apartado 3 de As Mentiras de Khrushchev)



É curioso que aqueles que critican o culto a Stalin, segundo eles creado e fomentado por este, participen deste culto, debuxándonos un Stalin todopoderoso, dirixindo con man de ferro calquera asunto que tivese lugar na URSS, desde a Illa de Ratmanova, no leste, a Kalingrado, no oeste, desde a Península de Taimir, no Ártico, até Kushka, xunto a Afganistán.

A realidade, en troca, éche ben distinta. Os testemuños das persoas que traballaron con Stalin, amigos e opositores, son concluíntes: as decisións políticas na Unión Soviética eran tomadas por consenso nos órganos de dirección. Era un ingrediente da cultura bolxevique que Khrushchev dilapidou, custándolle o seu posto.

Apartado 3: “Dirección colexiada” no traballo
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

8 de julho de 2014

O “Testamento” de Lenin
(Apartado 2 de As Mentiras de Khrushchev)



A deixar á marxe a incongruencia de calquera tipo de “testamento” co estilo de traballo bolxevique, a carta que Lenin envía ao Congreso do Partido en decembro de 1922, coñecida anos despois entre os opositores como “Testamento de Lenin”, viría ser para estes a proba definitiva da dexeneración soviética coa chegada do “renarte” Stalin ao posto de Secretario Xeral e o afastamento das ideas de Lenin.

Mais, é certo que Lenin non confiaba en Stalin? Existiu un afastamento entre os dous? De ser así, como é posíbel que Lenin lle pedira a Krupskaia, a súa esposa, que obtivese de Stalin, e de ninguén outro, a promesa de conseguirlle cápsulas de cianuro para evitar os seus horríbeis padecementos? (Stalin, quen nun principio aceptara, informou pouco despois ao Politburo non ter forzas para o facer).

Neste apéndice, Grover Furr achega documentación crucial para coñecermos a auténtica relación de Stalin con Lenin e o seu círculo familiar.

Apartado 2: O “Testamento de Lenin”
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

7 de julho de 2014

Este é o Deus da RAG: Filgueira Valverde




Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, do ourensán Xerardo Álvarez Gallego, coido que foi o primeiro libro político que lin na miña vida. Marcoume. Desde ese momento naceu en min un odio total a Filgueira Valverde.

O que máis noxo me deu deste home, á marxe do seu fascismo, foi a covardía e a traizón que demostrou na farsa de “xuízo” en que os golpistas condenaron a morte a Alexandre Bóveda. A defensa deste confiara en Filgueira, home con moi bos contactos entre o novo Poder, para así tentar libralo dunha morte segura. 

Filgueira, amigo persoal que fora de Bóveda, non apareceu. Seica non tiña tempo entre tanta arenga fascista por radio e prensa. Foi a sentencia de morte para Alexandre. Anos despois, Filgueira convertíase en alcalde de Pontevedra. O fascismo premiaba o seu correlixionario.
 
Hoxe, oito décadas despois, noutro disparo aos milleiros de asasinados polos fascistas, a maioría da RAG outórgalle outro recoñecemento. Aquí mandan os mesmos. 


******
Hai sete anos, xa falamos de Filgueira en Estoutras.

1 de julho de 2014

O culto á personalidade
(Apartado 1 de As Mentiras de Khrushchev)




Quen promoveu o culto a Stalin? Por que? Cal era a opinión de Stalin?

Apartado 1: O culto á personalidade

Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.