20 de outubro de 2015
Nova entrada en ESONS: The Wind of Change
Retomamos a actividade de ESONS coa tradución para o galego da letra de The Wind of Change, interpretada por Robert Wyatt e o coro da SWAPO.
http://estoutrosons.blogspot.com.es/2015/10/the-wind-of-change-robert-wyatt-e-o.html
19 de outubro de 2015
A propaganda antisoviética e Stalin
(1ª Parte)
Rob Gowland
TheGuardian
(Semanario obreiro do Partido Comunista de Australia)
14/10/15
Traducido do
inglés por Aqueloutras
Que sería da propaganda antisoviética sen
Stalin como bode expiatorio? Vaites, seguramente aínda estaría entre nós, abofé.
É unha potente arma dentro da munición da loita de clases, e os ideólogos do
capitalismo úsana decotío. Cando a Unión Soviética existía, calquera nova sobre
os seus logros e innovacións era suprimida sempre que fose posíbel. Cando non o
era – como aconteceu, por exemplo, co Spútnik ou os avións soviéticos- botaban
man do escarnio e a calumnia.
Cando era estudante lembro como un
compañeiro de aula me contou que os estibadores foran á folga para arruinaren a
economía e posibilitaren a chegada dos rusos e que estes tomasen o mando. Como
teoría da conspiración é difícil de superar.
Mais toda esa desinformación promovida con coidado empezou a chegar ao
pouco tempo do comezo da Revolución.
10 de outubro de 2015
Medra a opinión de que foi o medo aos soviéticos, máis que á bomba atómica, o que forzou a rendición de Xapón
Slodoban
Lekic
TheDallas Morning News (15/08/2010)
Traducido do inglés por Aqueloutras
Mentres os Estados Unidos lanzaban as
súas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945, 1.600.000
soldados soviéticos encetaban un ataque sorpresa contra o exército xaponés que
ocupaba o leste de Asia. Aos poucos días, o exército que o emperador Hirohito
tiña nesas costas, formado por un millón de soldados, colapsou.
Foi un cambio transcendental na
batalla do Pacífico da Segunda Guerra Mundial, aínda que eclipsado en boa parte
nos libros de historia polas bombas atómicas guindadas sobre Hiroshima e
Nagasaki nesa mesma semana hai agora 65 anos. Mais nos últimos anos algúns
historiadores argumentan que a acción soviética foi tan eficaz como as bombas
soviéticas, ou posibelmente máis, en lograr a fin da guerra.
Assinar:
Postagens (Atom)