Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp
Mostrando postagens com marcador Internacional. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Internacional. Mostrar todas as postagens

8 de dezembro de 2013

Sobre Mandela e Mugabe: o conto (imperialista) do bon e o mao



 Heroe de liberación bon - Heroe de liberación mao
 Stephen Gowans
What’s left

 Semellaba inevitábel que o mesmo día en que os xornais occidentais amenceron ateigados de eloxios ao recentemente finado heroe da liberación nacional de Sudáfrica, Nelson Mandela, outro heroe da liberación nacional africana, Robert Mugabe, debía ser vilipendiado. «Con case 90 anos, Mugabe continúa a dirixir a economía de Cimbabue á ruína», láiase Geoffrey York en The Globle and Mail de Canada.

Mandela e Mugabe son figuras chave da liberación dos negros do sur de África do poder branco. Daquela, por que a riada de aleluias por Mandela e os continuos ataques a Mugabe? Por que é Mandela o bon líder da liberación nacional e Mugabe o mao?

Moito disto ten a ver co grao en que os proxectos de liberación de Sudáfrica e Cimbabue ameazaron os intereses económicos brancos e occidentais, case nada na Sudáfrica de Mandela e considerabelmente no Cimbabue de Mugabe.

A propaganda occidental dinos que Mandela era bon porque era un “demócrata”, mentres Mugabe é mao por ser un “ditador”. Mais abonda rascar a superficie para deixar asomar os intereses económicos que hai detrás disto.

En Sudáfrica a propiedade da terra continúa en poder da minoría branca, como pasaba durante o apartheid. A redistribución da terra, no mellor dos casos, tivo lugar a paso de tartaruga. En Cimbabue, a terra pasou dos colonos brancos e os seus descendentes ás mans da maioría negra. A economía surafricana está dominada polos brancos e occidentais. Cimbabue está dando pasos cara ao control indíxena da economía, poñendo o control maioritario das riquezas naturais do pais e os medios de produción en mas dos negros.

A importancia crucial dos intereses económicos na demonización occidental de Mugabe fica ao descuberto na denuncia que York fai do plan para nacionalizar [indigenize] a compañía canadense New Dawn Mining, algo que obrigaría a uns poucos canadenses ricos a entregaren as súas participacións maioritarias na explotación da riqueza mineral de Cimbabue.  Para York, un goberno africano que dea ao seu pobo a posesión da súa propia economía é impensábel, mais moitos países ricos, incluído Canada, fixeron o mesmo.

Mandela, en troca, rexeitou as peticións para nacionalizar as minas de Sudáfrica, aceptando a dominación branca e occidental da economía do país como un principio fundamental dunha boa xestión económica.

E así temos que Mugabe, que deu a terra e as riquezas minerais aos negros africanos quitándollas aos descendentes dos colonos brancos e os propietarios estranxeiros, é visto como  a reencarnación do diaño nun xornal canadense que se ocupa de informar desde a perspectiva dos intereses empresariais canadenses. As empresas canadenses queren que os países do mundo lles abran as portas das súas riquezas, e non  gustan de gobernos que se interpoñan no seu camiño. E Mandela non o fixo.

Reciclando os habituais mitos que conforman o paradigma anti-Mugabe,  o propagandista de The Globe and Mail afirma que as dificultades económicas de Cimbabue son debidas á pésima xestión de Mugabe, non ás sancións occidentais. Sanción que limita, erroneamente, a restricións nas viaxes de Mugabe e os seus máis achegados. Isto esquece a estadounidense Lei de Recuperación Económica e Democrática de Cimbabue, que bloqueou a asistencia financeira a Cimbabue por parte das institución internacionais de crédito, un grande obstáculo para o desenvolvemento económico do país. É como se York culpa da destruída economía da Unión Soviética após a Segunda Guerra Mundial á má administración comunista, borrando da historia a Operación Barbarossa ou a invasión nazi. York tan só sigue o procedemento estándar do sistema de propaganda occidental, atribuíndo os problemas económicos dun país á má xestión e non ás sancións que os provocan.

Canto á dicotomía demócrata vs. ditador, é un artificio de propaganda. É o que os gobernos e os medios occidentais usan para lexitimaren líderes que protexen os intereses empresariais occidentais e satanizaren líderes que os ameazan.

14 de agosto de 2013

A institucionalização e a hegemonia reformista no Foro de São Paulo




Documento do Comitê Central do PCB ao Fórum de São Paulo



O Foro de São Paulo, do qual o PCB é membro fundador, a cada ano aprofunda seu processo de institucionalização e de perda de identidade.

A posse de Lula em 2002, foi o momento de inflexão. Já descaracterizado e degenerado ideologicamente, o PT hegemoniza de forma incontestável o Foro de São Paulo e o coloca a serviço do projeto de desenvolvimento do capitalismo brasileiro, com o objetivo estratégico de uma integração latino-americana sob hegemonia brasileira, para fazer do país uma potência mundial.

O Foro de São Paulo transformou-se em correia de transmissão do capitalismo brasileiro que, valendo-se da morte de Chávez, aparelha e expande o MERCOSUL (uma integração de mercados), para ocupar mais espaços e engolir e enterrar a ALBA, a integração soberana, solidária e complementar de Nossa América.

Tentando afirmar o Foro como braço regional do neodesenvolvimentismo brasileiro, o PT passa a privilegiar os processos eleitorais em detrimento das lutas de massas, procurando em cada país contribuir política e materialmente para a eleição de governos alinhados com a hegemonia brasileira. Isto significou a descaracterização do Foro de São Paulo, nascido como uma articulação antiimperialista com caráter anticapitalista.

Nessa guinada, gradativamente foi sendo anulado o protagonismo de organizações revolucionárias e privilegiou-se uma ampliação quantitativa, heterogênea, policlassista, com ênfase em partidos socialdemocratas e social-liberais, chegando ao ponto de o Foro ser integrado hoje por partidos antagônicos e adversários em seus países. O papel principal passou a ser dos partidos que participam de governos e os que podem se tornar governo, o que significa garantia de contratos para empresas brasileiras.
Uma vez tendo se fortalecido na América Latina, o Foro de São Paulo agora tem o objetivo de se internacionalizar como uma alternativa mundial reformista, inclusive em contraposição ao movimento comunista internacional.

Apesar dessa análise, o PCB está presente neste evento, para lutar contra a hegemonia reformista, dialogando com as forças políticas com as quais temos afinidades, contribuindo modestamente para uma necessária articulação revolucionária latino-americana. A nosso juízo, os reformistas, mais do que nunca, são grandes inimigos da revolução socialista, pois iludem os trabalhadores e os desmobilizam, facilitando o trabalho do capital.

4 de julho de 2013

Campaña nos EUA contra a agresión imperialista na Siria




Desenvólvense desde hai tres semanas protestas nos EUA baixo o lema “Mans fóra da Siria. Non a unha nova guerra!”.  Onte tivo lugar unha concentración en Chicago convocada polo Comité Anti Guerra de Chicago, a Coalición A.N.S.W.E.R., a Coalición 19 de Marzo e o Foro Sirio-Americano. Na imaxe, intervención do representante do Foro Sirio-Americano.

12 de maio de 2013

Entrevista a Kimetz


«Nestes momentos, a única estrutura política en forma de organización de clase, nacional e patriótica que mantén a bandeira da revolución, o socialismo e a independencia é Kimetz.»
 [Entrevista realizada por Aurrera Langileria]

Aurrera Langileria: Egunon Kimetz Kolektiboa. Presentádevos como organización comunista. Como definiriades a vosa razón de ser?

Kimetz Kolektiboa: Kimetz naceu no ano 2000, concretamente o 31 de decembro de 1999. Diversos militantes adscritos á concepción marxista desta nación constataban a necesidade dunha organización independente da clase obreira que liderase, organizase, unificase e dirixise todas as loitas nunha mesma dirección, a revolución social no contexto de Euskal Herria. Desde ese momento, o noso labor máis importante foi traballar na creación do partido comunista da clase obreira vasca.

27 de abril de 2013

Eses textos doutrinarios de Lenin que tanto abafan a Peter Mertens, presidente do PTB


Hai un par de meses, o xornal flamenco de tendencia democristiá De Standaard publicaba unha extensa entrevista [1] a Peter Mertens, presidente do Partido do Traballo de Bélxica desde 2008.

Malia as súas debilidades, o PTB goza de certa sona no mundo comunista. Isto débese seguramente a dous motivos: por unha parte, até 2008 estivo presidido polo finado Ludo Martens, autor do moi coñecido, agás para a dirección do PTB [2], Un outro ollar sobre Stalin [3]; por outra parte, organiza, ou cando menos impulsa, anualmente en Bruxelas o Seminario Comunista Internacional, o encontro máis importante, canto a número de delegacións participantes, de organizacións e partidos comunistas.

Na entrevista, Peter Mertens semella querer representar ese papel, tantas veces visto nas películas, en que o preso recén liberado se reúne co seu axente da condicional:

23 de abril de 2013

Nina Andreeva: "Non podo renunciar aos principios"
Cúmprense 25 anos da súa carta ao CC do PCUS




[Nina Andreeva saltou á fama en 1988 após a publicación dunha carta en que criticaba a Perestroika e a Gorbachev. Militante do PCUS desde 1966, nos últimos anos da URSS encabezou a Plataforma Bolxevique do PCUS, embrión do Partido Comunista dos Bolxeviques de Toda a Unión, do que Andreeva é Secretaria Xeral. Esta entrevista publicouse no xornal ruso Prensa Libre (Свободная Пресса) a principios de abril. Tradución propia.]

Nina Andreeva sigue comprometida cos principios un cuarto de século despois

O 13 de marzo cumpríronse 25 anos dun feito que probabelmente hoxe poucos lembren, mais que na súa época provocou enormes reaccións tanto nos partidarios como nos detractores da Perestroika na URSS. Falamos da publicación, no xornal ruso Rusia Soviética (Sovietskaya Rossiya), dun artigo escrito por unha profesora non numeraria de Leningrado, Nina Andreeva, titulado “Non podo renunciar aos principios”, que foi o primeiro en que se criticaba con contundencia e desde abaixo as políticas de Gorbachev.