Nikola Yonkov Vaptzarov nace en 1909 en Bansko (Bulgaria), aos pes das
montañas de Pirin onde combatera e caera, 33 anos antes, o seu admirado Jristo
Botev, o poeta nacional búlgaro que glosara o valor dos seus camaradas jaiduts na súa loita contra o iatagán osmanlí. Cando morre en combate o seu
xefe guerrilleiro, Jadshi Dimiter, Botev escribe:
A noite cae, nace a lúa
Estrela cobren o firmamento,
rumorea o bosque, sopra o vento,
a vella serra a súa xesta canta.
Literatura comprometida da que bebe Vaptzarov. Para alén de Botev, le a
Vazov e Yavorov, despois ao militante Smirnenski, e co tempo descubre os novos
ventos de cambio que chegan do leste: Gorki e Maiakovski.