Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp
Mostrando postagens com marcador Versos de Combate. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Versos de Combate. Mostrar todas as postagens

2 de novembro de 2013

ZOIA, Madialeva
[Versos de Combate]

(Cancións Proletarias. Seis Mulleres) 


 
9903 Brigada Partisana
Avanza con sixilo pola tundra ocupada
Con 19 anos a guerrilleira Zoia
Un revólver ao cinto e bombas incendiarias
As ordes do Alto Mando son claras e concisas
Hai que prenderlle lume ás casas dos fascistas

Capturada a traizón por culpa dun delator
Arrincan a súa roupa, golpéana con rabia
Dous cravos oxidados atravesan as súas mans
Son horas de preguntas, de insultos e aldraxes
Mais a rapaza Zoia non fala, non di nada
A terríbel tortura non vale para nada

Descalza pola neve, arrástrana a unha praza
Onde unha forca agarda a brava partisana
a Zoia non ten medo, sóbralle a coraxe
e fita ameazante os criminais ocupantes
Colgáronlle un letreiro, pirómana puxeron
Non hai nada máis digno que prender lume ao nazi

Segue o exemplo da Zoia partisana
e prende lume ao nazi aquí e en Budapest
Non hai mellor castigo para o servo do burgués
que vivas laparadas arrincando a súa pel

Coa soga ao pescozo, valente partisana
Serea e decidida, orgullo da guerrilla
As folerpas de neve caendo na súa cara
A ollada no infinito, a mente no Partido
Aínda ten arrestos pro derradeiro berro
“A URSS é invencíbel. Non será derrotada”

25 de abril de 2013

CARME, Madialeva
[Versos de Combate]


(Cancións Proletarias. Seis Mulleres)

Carme traballa no Casino de Ferrol
Entra as 5 pola porta de servizo
Ollada triste, andar cansino
A puta rutina de todos os días

Bata azul, sandalias brancas
Avanza coa fregona polo piso do Casino
Próxima parada no bater de señoras
Piruquita de Lacaci non caga amapolas

Páganche pouco, por moito que che deran
Non hai cartos dabondo pra pagar o seu desprezo
Desprezan a túa clase, desprezan a túa lingua
Desprezan o acento que herdaches dos teus vellos

Hai un muro que non é o de Berlín
Non é de pedra, non leva formigón
Non falan del os Walesas e os patróns
Mais ti séntelo forte no interior
Como cincel a partirche o corazón
Como pistola apuntándoche a sen
É invisíbel, o muro non se ve
Mais tan real como o muro de Bazán

Chama a túa xente, na unión está a forza
Non teñas medo a dares un mal paso
Ao teu carón avanzan un millón
E se tropezas apóiate en nós
Xuntos podemos derrubar ese muro
E de vermello pintar o amencer
Non é doada a loita contra a Besta
Mais de seguro, a vitoria será nosa!