![]() |
| Serán estas as novas Brigadas Internacionais? Para algúns semella que si. |
Estaba vendo ese marabilloso filme que é Terra e Liberdade, todo un modelo de
rigor histórico, cando se me veu á cabeza, non sei por que estraña razón, que
hai moito que non leo ren verbo dos avanzos socialistas nos países da Primavera Árabe.
Pouco ou nada sabemos da Tunisia, Exipto ou
inclusive a Libia, onde artigos como este presumían unha rápida transformación
socialista da realidade. É unha mágoa esta falta de información porque, a
termos en conta a descrición dos revolucionarios e dos seus obxectivos que con
tanto entusiasmo nos facían os Alba Rico foráneos e patrios, seguramente estes
países estean a vivir uns días que, como aqueloutros de 1917, conmoverán o
mundo.
