Mostrando postagens com marcador Ferrol. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Ferrol. Mostrar todas as postagens
10 de agosto de 2013
31 de maio de 2013
3.000 traballador@s do naval cortan o tráfico en Ferrol máis dunha hora para exixiren carga de traballo
![]() |
| Imaxe de ferrolsuso.blogspot.com |
Máis de 3.000 traballador@s do naval cortaron o tráfico durante máis
dunha hora na ponte das Pías, en Ferrol, na protesta que desenvolveron esta
quinta feira reclamando, máis unha vez, carga de traballo.
O comité de empresa de Navantia advertiu de que, segundo os datos
extraoficiais de que dispoñen, "a declaración de intencións"
subscrita pola Xunta e a petroleira mexicana Pemex para a construción de dous
floteis na Galiza, un en Vigo e outro en Ferrol, "ten data do 30 de
xuño".
Cómpre destacar que Pemex se fixo co estaleiro vigués de Barreras, polo que en Navantia temen que o flotel que había para el@s se constrúa tamén alí.
As mobilizacións arrincaron na entrada dos estaleiros de Fene e da
cidade departamental e percorreu as principais vías de acceso até unírense as
dúas na ponte, onde o tráfico quedou cortado e @s operari@s queimaron
pneumáticos canda as súas fundas de traballo.
29 de maio de 2013
Sindicalismo e anticlericalismo no Ferrol de preguerra
Eliseo Fernández
«Un importante rasgo distintivo
do sindicalismo de preguerra foi o anticlericalismo. Aínda que o poder da
igrexa ía minguando a medida que algunhas formas democráticas ían arraigando na
nosa terra, a comezos de século a institución eclesiástica aínda controlaba
importantes mecanismo de poder, que afectaban terreos tan importantes como o
ensino, ou a celebración de actos polo nacemento e a morte das persoas. Foi por
iso que as forzas de esquerda, nos primeiros tempos, argallaron unha especie de
resistencia civil contra aquela omnipresente institución: erguendo escolas
laicas ou celebrando actos civís (matrimonios, nacementos e enterros),
militantes socialistas, anarquistas e republicanos amosaban a súa opción
aconfesional.
17 de maio de 2013
Milleiros de obreir@s do naval escenifican a execución de Feijóo diante da sede do PP en Ferrol
Tamén o alcalde de Ferrol foi
'declarado culpábel e sentenzado á morte' nunha multitudinaria mobilización en
que reclamaron, máis unha vez, carga de traballo
![]() |
| Imaxe tomada de ferrolsuso.blogspot.com |
Sermos Galiza
M.E.
Máis de dous milleiros de operari@s do naval
ferrolán mobilizáronse esta quinta feira, paraugas en man, para reclamar carga
de traballo para a comarca. Canda si dous bonecos coas caretas do
presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do alcalde de Ferrol, José Manuel
Rey Varela.
Após simular un xuízo e ditar sentenza, queimaron os monicreques diante da sede local do PPdG, onde rematou o protesto, ao consideralos culpábeis de que a construción do flotel que, segundo a Xunta, tería encargado a petroleira mexicana Pemex, non veña finalmente para a comarca. A reclamación do dique flotante estivo tamén presente no protesto.
A manifestación saíu e voltou á factoría de Navantia e moveuse lonxe da casa do Concello, fortemente custodiada por cinco furgonetas de antidisturbios e varios carros da policía municipal. No camiño fixeron unha parada para apoiar @s traballador@s de Benestar da Xunta de Galiza, que protestaban contra o desmantelamento da atención á dependencia.
Assinar:
Postagens (Atom)



