Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp
Mostrando postagens com marcador eSons. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador eSons. Mostrar todas as postagens

20 de outubro de 2015

5 de novembro de 2013

Miss Pavlichenko, Woody Guthrie
[eSons]



[O vídeo presenta cortes polo que non  reproduce a canción completa]


Caeron baixo a túa arma
Caeron baixo a túa arma
Trescentos nazis caeron baixo a túa arma

Caeron baixo a túa arma, si
Caeron baixo a túa arma
Máis de trescentos nazis caeron baixo a túa arma

Señorita Pavlichenko, ben coñecida a súa sona
Rusia é o teu país, o combate a túa paixón
Serás amada polo mundo enteiro tempo e tempo
Máis de trescentos nazis caeron baixo a túa arma

Coro

Señorita Pavlichenko, ben coñecida a súa sona;
Rusia é o teu país, o combate a túa paixón;
O teu sorriso luce tan brillante como calquera novo amencer
E aínda así, máis de trescentos nazicans caeron baixo a túa arma

Coro

Nos teus montes e desfiladeiros tan silenciosa como o veado
Baixo as grandes árbores sen coñeceres o medo
Alzas a vista. E aí ven un huno*
E máis de trescentos nazicans caeron baixo a túa arma

Coro

Na calor do teu verán, na friaxe da neve invernal
En calquera clima ti localizar o inimigo
Este mundo amará o teu doce rostro igual que o fixen eu
Porque máis de trescentos cans de presa caeron baixo a túa arma

Coro

Non gustaría de saltar en paracaídas e caer como inimigo na túa terra
Se o teu pobo soviético ponlle as cousas tan complicadas ao invasor
Non me pracería estar no lado equivocado da pistola dunha preciosa señora
Se o seu nome era Pavlichenko e eu o tres cero un

Coro

 
*Hun en inglés. Termo despectivo polo que se coñecían os nazis durante a Segunda Guerra Mundial.

26 de abril de 2013

The Fields of Athenry, por The Dubliners
[eSons]



Xunto ao muro dunha prisión solitaria, sentín unha moza chamar:
“Michale, leváronte do meu lado
Por roubares o millo de Trevelyan
Para que o teu fillo puidese ver o mañá
Agora un barco de prisioneiros agarda na enseada”

Atrás fican os campos de Athenry
Onde unha vez vimos os paxariños voar ceibos
[Público: “Oh nena, deixa os paxaros voar ceibos!”]
O noso amor tiña asas
[Público: “Sinn Féin!”]
Tiñamos soños e cancións que cantar
[Público: “IRA!”]
Canta soidade nos campos de Athenry!

Xunto ao muro dunha prisión solitaria, sentín un mozo chamar:
“Nada importa, Mary, cando ti estás libre
Contra a fame e a Coroa
Rebeleime e prendéronme
Agora ti debes criar o nosos fillo con dignidade”

Atrás fican...

Xunto ao muro dun peirao solitario, viu a última estrela desaparecer
Mentres o barco de prisioneiros afastábase no ceo
Ela viviu agardando e pregando polo seu amor en Botany Bay
Canta soidade nos campos de Athenry!

Atrás fican...