Traducimos para o galego un traballo de
Domenico Losurdo publicado na revista italiana Historia Magistra o pasado ano. A través de coidadas referencias
bibliográficas, o historiador italiano vai debuxando os trazos de dúas persoas,
e dúas ideoloxías, absolutamente opostas.
O autor céntrase principalmente na
posición de Hitler e Stalin en temas como o racismo, a colonización ou o
escravismo.
Losurdo chega a unha conclusión clara, Hitler
si que semella irmán xemelgo de alguén, mais non de Stalin, senón de Churchill.
Preme aquí para visualizar ou descargar o arquivo en formato PDF.