- Neno,
é que che complicaches a vida ti só. Co ben que estabas antes... sen discusións
interminábeis, sen teres que dar explicacións cada día da túa vida, sen olladas
inquisidoras e eses sorrisos, ora condescendentes ora despectivos, mais sempre
mal disimulados.
Vale,
meu. Que ao mellor non toda a culpa foi túa, e parte fose daquel profesor
que... Como carafio dicías? Si, oh!, que te puñas tan afouto... Ah!, xa lembro:
“que me abriu unha xanela a unha realidade tan miña como descoñecida até
entón”. Tremenda conachada.
