Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

31 de maio de 2013

3.000 traballador@s do naval cortan o tráfico en Ferrol máis dunha hora para exixiren carga de traballo


Imaxe de ferrolsuso.blogspot.com


Máis de 3.000 traballador@s do naval cortaron o tráfico durante máis dunha hora na ponte das Pías, en Ferrol, na protesta que desenvolveron esta quinta feira reclamando, máis unha vez, carga de traballo. 

O comité de empresa de Navantia advertiu de que, segundo os datos extraoficiais de que dispoñen, "a declaración de intencións" subscrita pola Xunta e a petroleira mexicana Pemex para a construción de dous floteis na Galiza, un en Vigo e outro en Ferrol, "ten data do 30 de xuño".

Cómpre destacar que Pemex se fixo co estaleiro vigués de Barreras, polo que en Navantia temen que o flotel que había para el@s se constrúa tamén alí.

As mobilizacións arrincaron na entrada dos estaleiros de Fene e da cidade departamental e percorreu as principais vías de acceso até unírense as dúas na ponte, onde o tráfico quedou cortado e @s operari@s queimaron pneumáticos canda as súas fundas de traballo.

30 de maio de 2013

Barra libre de armamento contra Siria



Tanto ten que esteas na Herriko de Hernani a ler o Gara, no Club Taurino de Plasencia (de existir) absorto nas páxinas de La Gaceta, ou na barra do Chimarrão de Ferrol folleando La Voz. Diante do televexo éche o mesmo tamén sintonizar a TVG, a Sexta ou calquera das canles rococó-falanxistas da TDT. Cando da Siria se tratar, na autoestrada da información raro é atoparmos alguén que circule en dirección contraria á oficial. Non é casula que estes poucos condutores kamikazes haxa que buscalos, nas máis das veces, en modestos proxectos informativos afincados en coordenadas comunistas.

Hai uns días as empresas de comunicación facían soar as trompetas para anunciaren ao mundo que a ONU levantaba o veto á entrega de armas á “oposición siria moderada”. E dicíano así, sen botaren a gargallada e sen sinal de vergonza. Difícil condensar tanta mentira nunha soa frase:

  • Armamento: Seica alguén pode crer que até agora non recibiran armas? E non só armas, tamén adestramento, soldados e asesoramento militar  sobre o terreo. Se até prenderon non hai moito varios militares do exército sionista!
  • Oposición siria: Entre os miles de combatentes mercenarios feitos prisioneiros ou eliminados hai españois, franceses, ingleses, belgas, holandeses, alemáns, turcos, qatarís, sauditas... O complicado é dar con sirios.
  • Oposición siria moderada: Aquelas persoas que nun principio protestaban demandando reformas, vai boa que teñen unha preocupación moito maior, salvaren a vida. Algunhas estarán na casa cruzando os dedos para que uns tipos saídos do medievo non tiren a porta abaixo e maten toda a familia ao berro de Allah Akbar! Outras, as máis afoutas, ingresarían nalgunha das múltiplas milicias populares que enfrontan o feudalismo. Que unha cousa é exixir máis transparencia e outra ben distinta loitar por un Estado islámico ao servizo da oligarquía mundial.

Para cando algo remotamente semellante para Palestina, espremida pola apartheid sionista,  ou para o Pobo Saharauí, condenado á miseria pola monarquía alauíta? A hipocrisía desta institución dominada polos peores criminais non ten límites. Os poderosos queren os recursos sirios e, sobre todo,  acabar cun estorbo para os seus plans na rexión. Por agora, só as contradicións interimperialistas e a determinación das forzas patrióticas están salvando Siria. Mais, até cando?

29 de maio de 2013

Sindicalismo e anticlericalismo no Ferrol de preguerra



Eliseo Fernández
Fragmento de Obreirismo Ferrolán, Ed. A Nosa Terra, 2005

«Un importante rasgo distintivo do sindicalismo de preguerra foi o anticlericalismo. Aínda que o poder da igrexa ía minguando a medida que algunhas formas democráticas ían arraigando na nosa terra, a comezos de século a institución eclesiástica aínda controlaba importantes mecanismo de poder, que afectaban terreos tan importantes como o ensino, ou a celebración de actos polo nacemento e a morte das persoas. Foi por iso que as forzas de esquerda, nos primeiros tempos, argallaron unha especie de resistencia civil contra aquela omnipresente institución: erguendo escolas laicas ou celebrando actos civís (matrimonios, nacementos e enterros), militantes socialistas, anarquistas e republicanos amosaban a súa opción aconfesional.

27 de maio de 2013

Que di a Constitución siria?

Stephen Gowans
A idea de que o levantamento contra o Goberno sirio está inspirado nun movemento sedento dun Estado plural e democrático é unha ficción. Os dirixentes da oposición son islamitas que buscan estabelecer un Estado islámico sunita en troca do actual goberno sirio ao que insultan por secular e estar dominado por herexes alauítas. «Grupos ligados a Al Qaeda... controlan as filas rebeldes», sinala The Wall Street Journal.[1] «Existe frustración pola incapacidade occidental para axudar a fomentar unha oposición, política ou militar, de carácter secular para substituír Assad», comenta The New York Times.[2] «As forzas islamitas semellan estar crecendo dentro da oposición», subliña Gerald F. Seib.[3]

24 de maio de 2013

Sobre a “neutralidade escolar” da pedagoxía pequenoburguesa


«”Sería un crime contra o sacro misterio da alma infantil –dise- levar até ela as nosas preocupacións e os nosos odios.” E mentres, até no máis agochado recuncho da sociedade capitalista, todo está construído e calculado para servir os intereses da burguesía, o pedagogo pequenoburgués coida que pon a salvo a alma dos nenos porque nas horas que pasa pola escola se esforza en ocúltalle ese mundo tras unha espesa cortina de fume. Seica non están, porén, os intereses da burguesía nos textos que o neno estuda, na moral que se lle inculca, na historia que se lle ensina?
A chamada “neutralidade escolar” só ten por obxecto subtraer o neno da verdadeira realidade social: a realidade da loita de clase e da explotación capitalista; capciosa “neutralidade escolar” que durante moito tempo serve á burguesía para disimular mellor os seus fundamentos e defender así os seus intereses.»

Educación e Loita de Clases. Aníbal Ponce, comunista, profesor e psicólogo arxentino.

23 de maio de 2013

Canta razón tiña o burgués Churchill




 «A historia será amábel connosco, cabaleiros, porque teño a intención de escribila eu.»
 
Winston Churchill
 

 «Os líderes británicos consideraron moi seriamente pactar a paz con Berlín e facer causa común cos nazis contra a súa verdadeira bête noir, a Rusia bolxevique. A maioría dos membros da clase dirixente británica non só buscaban acougar Hitler, senón que o admiraban a el e á súa cruzada antisoviética. Mentres estaban ostensiblemente en guerra contra Alemaña, os líderes conservadores británicos buscaban unha rota para as forzas aliadas a través de Escandinavia e Finlandia, para lanzar un ataque contra a Unión Soviética, unha acción que Churchill apoiou inclusive despois de que os finlandeses asinaran un tratado de paz con Moscova en marzo de 1940, e nos momentos en que os nazis invadían toda Europa.»

                                                                            A Historia como Misterio, Michael Parenti

22 de maio de 2013

Ei, neotrotskistas, como van as revolucións árabes?
Chegou xa o socialismo?



Serán estas as novas Brigadas Internacionais? Para algúns semella que si.

Estaba vendo ese marabilloso filme que é Terra e Liberdade, todo un modelo de rigor histórico, cando se me veu á cabeza, non sei por que estraña razón, que hai moito que non leo ren verbo dos avanzos socialistas nos países da Primavera Árabe.

Pouco ou nada sabemos da Tunisia, Exipto ou inclusive a Libia, onde artigos como este presumían unha rápida transformación socialista da realidade. É unha mágoa esta falta de información porque, a termos en conta a descrición dos revolucionarios e dos seus obxectivos que con tanto entusiasmo nos facían os Alba Rico foráneos e patrios, seguramente estes países estean a vivir uns días que, como aqueloutros de 1917, conmoverán o mundo.

21 de maio de 2013

Nota de Prensa de Edicións Benigno Álvarez



NOTA INFORMATIVA DE EDICIÓNS BENIGNO ÁLVAREZ

O HISTORIADOR GROVER FURR VISITARÁ GALIZA PARA PRESENTAR O SEU LIBRO AS MENTIRAS DE KHRUSHCHEV


Desde Edicións Benigno Álvarez queremos informar da próxima visita ao noso país do historiador estadounidense Grover Furr, quen presentará o seu libro As Mentiras de Khrushchev, obra publicada en lingua galega que acaba de saír do prelo.

18 de maio de 2013

Nikola Vaptzarov: poeta, obreiro e comunista


Nikola Yonkov Vaptzarov nace en 1909 en Bansko (Bulgaria), aos pes das montañas de Pirin onde combatera e caera, 33 anos antes, o seu admirado Jristo Botev, o poeta nacional búlgaro que glosara o valor dos seus camaradas jaiduts na súa loita contra o iatagán osmanlí. Cando morre en combate o seu xefe guerrilleiro, Jadshi Dimiter, Botev escribe: 

A noite cae, nace a lúa
Estrela cobren o firmamento,
rumorea o bosque, sopra o vento,
a vella serra a súa xesta canta.

Literatura comprometida da que bebe Vaptzarov. Para alén de Botev, le a Vazov e Yavorov, despois ao militante Smirnenski, e co tempo descubre os novos ventos de cambio que chegan do leste: Gorki e Maiakovski. 

17 de maio de 2013

Milleiros de obreir@s do naval escenifican a execución de Feijóo diante da sede do PP en Ferrol


Tamén o alcalde de Ferrol foi 'declarado culpábel e sentenzado á morte' nunha multitudinaria mobilización en que reclamaron, máis unha vez, carga de traballo

Imaxe tomada de ferrolsuso.blogspot.com

Sermos Galiza
M.E.

Máis de dous milleiros de operari@s do naval ferrolán mobilizáronse esta quinta feira, paraugas en man, para reclamar carga de traballo para a comarca.  Canda si dous bonecos coas caretas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.

Após simular un xuízo e ditar sentenza, queimaron os monicreques diante da sede local do PPdG, onde rematou o protesto, ao consideralos culpábeis de que a construción do flotel que, segundo a Xunta, tería encargado a petroleira mexicana Pemex, non veña finalmente para a comarca. A reclamación do dique flotante estivo tamén presente no protesto.

A manifestación saíu e voltou á factoría de Navantia e moveuse lonxe da casa do Concello, fortemente custodiada por cinco furgonetas de antidisturbios e varios carros da policía municipal. No camiño fixeron unha parada para apoiar @s traballador@s de Benestar da Xunta de Galiza, que protestaban contra o desmantelamento da atención á dependencia.

16 de maio de 2013

Sobre o papel da socialdemocracia no movemento obreiro



 
«A realización decisiva do Partido Socialdemócrata de Alemaña, após 1945, consiste en lograr inculcar as ideas anticomunistas no movemento obreiro da Alemaña Occidental.»

Ulrich Lomar, deputado do PSDA no Bundestag da República Federal Alemá.
Citado por Helmut Bohn en Siegen ohne Krieg (1959).

15 de maio de 2013

Grover Furr na Galiza



O historiador estadounidense Grover Furr estará na Galiza a finais deste mes de maio onde presentará o seu libro As Mentiras de Khrushchev, editado en lingua galega por Edicións Benigno Álvarez.

O autor visitará Compostela, Ferrol e Vigo. Nas dúas primeiras cidades, os actos están organizados polo Colectivo Marxista-Leninista Forxa, mentres que en Vigo, é a Asociación Bou Eva a responsábel da palestra, que terá continuación nunha cea de confraternización comunista coa asistencia de Grover Furr (acboueva@gmail.com para apuntarse).

En calquera dos tres actos, as persoas interesadas poderán mercar o libro, ao prezo de 15€.

Este son os tres actos:

Compostela: 22 de maio, 19:00 H. Galería Sargadelos. Organiza Forxa.

Ferrol: 23 de maio. 19:30 H. Escola Oficial de Idiomas. Organiza Forxa.

Vigo: 25 de maio. 19:00 H. Local de Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra, 11) Organiza Bou Eva.


Máis información:
Edicións Benigno Álvarez: edicionsba@gmx.com
Bou Eva: acboueva@gmail.com
Forxa: forxagz@gmail.com

14 de maio de 2013

Tan lonxe... tan perto

 A Coruña, 1942.

Valladolid, 11 de maio de 2013.
[«El funcionario actuante requiere al denunciado para que deposite en el control de entrada una bandera independentista gallega atada a su cintura. Al negarse este, el funcionario actuante procede a que abandone el recinto.»]

12 de maio de 2013

Entrevista a Kimetz


«Nestes momentos, a única estrutura política en forma de organización de clase, nacional e patriótica que mantén a bandeira da revolución, o socialismo e a independencia é Kimetz.»
 [Entrevista realizada por Aurrera Langileria]

Aurrera Langileria: Egunon Kimetz Kolektiboa. Presentádevos como organización comunista. Como definiriades a vosa razón de ser?

Kimetz Kolektiboa: Kimetz naceu no ano 2000, concretamente o 31 de decembro de 1999. Diversos militantes adscritos á concepción marxista desta nación constataban a necesidade dunha organización independente da clase obreira que liderase, organizase, unificase e dirixise todas as loitas nunha mesma dirección, a revolución social no contexto de Euskal Herria. Desde ese momento, o noso labor máis importante foi traballar na creación do partido comunista da clase obreira vasca.

11 de maio de 2013

Bielorrusia: lembranza antifascista (28 imaxes)



Algunhas das edificacións máis emotivas con que Bielorrusia lembra a guerrilla antifascista, o Exército Vermello e todas as vítimas dos invasores nazis.


Outeiro da Gloria. Nas aforas da Smaliavichi, o monumento de case 36 metros elévase sobre un montículo artificial feito con terra traída dos campos de batalla de nove cidades da antiga Unión Soviética.


 

10 de maio de 2013

Comédevos o noso sangue



Melbourne (Australia), ano 1890. Como todos os 21 de abril desde 1857, algunhas agrupacións obreiras e sindicais celebran a chamada “Festa do Traballo” para festexar a consecución da xornada laboral de 8 horas. Desfilan diante dos poderosos da cidade, nun acto desclasado e domesticado.

Canso disto, o zapateiro John William 'Chummy' Fleming, anarquista, coa axuda de John White, irrompe no desfile e ábrese paso até a cabeceira, onde enarbora unha bandeira negra feita con vellos trapos de algodón en que se pode ler:


 “Comédevos o noso sangue e a nosa carne, hienas capitalistas.
É o voso banquete funerario”.


[Citado por Maurice Dommanget na súa Historia do 1º de Maio]

9 de maio de 2013

Introdución de As Mentiras de Khrushchev, de Grover Furr


Reprodúcese o capítulo introdutorio do traballo As Mentiras de Khrushchev, do historiador Grover Furr, que Edicións Benigno Álvarez publicará este mes de maio. O libro pódese reservar escribindo a esta mesma páxina ou ao correo edicionsba@gmx.com. Tamén se poderá mercar nas tres palestras que ofrecerá Furr na Galiza a finais de maio e das que se informará en breve.



INTRODUCIÓN

A ESCOLA DE FALSIFICACIÓN DE KHRUSHCHEV:

“O DISCURSO MÁIS INFLUÍNTE DO SÉCULO XX

O 50 aniversario do Discurso Secreto de Nikita S. Khrushchev, pronunciado o 25 de febreiro de 1956, suscitou comentarios previsíbeis. Un artigo no xornal londiniense Telegraph chamouno o «discurso máis influínte do século XX». Noutro artigo dese mesmo día, no New York Times, William Taubman, cuxa biografía de Khrushchev gañou o Premio Pulitzer de Biografía en 2004, cualificouno como unha «gran fazaña» que «merece ser celebrada» no seu aniversario.[1]

8 de maio de 2013

Non á LOMCE: o 9 de maio folga no ensino

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Desde a Plataforma Galega, vimos realizando un labor de información e mobilización contra este proxecto de lei entre os que están numerosos actos e accións como xornadas, charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e peches rotatorios no mes de abril. Esta folga é, polo tanto, a continuación deste proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este proxecto de lei destrutora do ensino público.

7 de maio de 2013

Aniversario de Karl Marx



Grover Furr
05/05/13

Hoxe é o aniversario do nacemento de Karl Marx..

Marx naceu o 5 de maio de 1818 en Trier, Alemaña. Xunto co seu amigo e asociado Friedrich Engels, Marx inaugurou o moderno movemento comunista.

6 de maio de 2013

O TROTSKISTA: Manual de Instrucións




1. O trotskista avoga decididamente pola unidade. De facto, sabe que a súa Cuarta Internacional é a única, entre as ducias de Cuartas Internacionais, que loita realmente pola unidade.

4 de maio de 2013

A Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira





Asociado ao desenvolvemento do capitalismo na Rusia da segunda metade do século XIX, especialmente nas dúas últimas décadas, prodúcese un auxe do movemento obreiro e das súas loitas, limitadas estas ás reivindicacións económicas. Asemade, as ideas marxistas callan rápido entre os sectores progresistas da mocidade intelectual rusa.

3 de maio de 2013

O golpe de Thatcher. Funeral digno de um ditador



John Pilger
Resistir.info, 26/04/13
Orixinal en inglés em Counterpunch

Após o desaparecimento de Thatcher, recordo suas vítimas. A filha de Patrick Warby, Marie, foi uma delas. Marie, com cinco anos, sofria de uma deformidade do intestino e precisava de uma dieta especial. Sem ela, o sofrimento era aflitivo. Seu pai era um mineiro de Durham e gastara todas as suas poupanças. Era o Inverno de 1985, a Grande Greve tinha quase um ano e a família estava empobrecida. Embora a necessidade de operação não fosse contestada, o Departamento de Segurança Social recusou ajuda a Marie. Posteriormente, obtive registos do caso mostrando que Marie fora recusada porque o seu pai era "influenciado por uma disputa sindical". 

2 de maio de 2013

O SECTARIO: Manual de Instrucións




1. O sectario non milita nunha organización, milita NA ORGANIZACIÓN.

2. O sectario sabe que todas as análises da súa organización son correctas. Se nalgún caso a realidade demostra o contrario, o sectario sabe que quen está equivocada é a realidade, non a súa organización.

3. O sectario da organización A sabe que os seus camaradas, todos, son mellores persoas que os do grupo B.

4. Se nunha liña ideolóxica imaxinaria, A está á no extremo da esquerda e Z no extremo da dereita, o sectario da organización A sabe que o seu principal inimigo é a organización B.

5. O sectario da organización A non precisa ler un artigo para o analizar. Abóndalle con saber onde milita ou militaba o autor, algún familiar ou algún amigo deste.

6. O sectario da organización A detesta tamén á organización C, mais se esta ter un enfrontamento coa organización B, pasa a ser, de xeito automático, politicamente aceptábel.

7. O sectario sabe que el non é sectario. E sabe que os militantes das outras organizacións son, todos, sectarios.

1 de maio de 2013

Primeiro de Maio: Homenaxe aos obreiras de Bangladesh asasinadas pola burguesía


Viva o 1º de Maio!
Viva o Dia Internacional dos Trabalhadores!



(Brasil)

Em 1º de maio de 1886, na cidade de Chicago, EUA, os operários, cansados da superexploração que sofriam e dos abusos dos patrões, revoltaram-se nas ruas para exigir a redução da jornada de trabalho. A repressão contra as manifestações dos trabalhadores nos EUA foi violenta: vários operários foram assassinados e dezenas, feridos. A Justiça, a serviço dos patrões, condenou quatro líderes da grande rebelião à morte e outros quatro à prisão.

Primeiro de Maio: Organización e Loita




Kimetz Kolektiboa

Achégase o Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo. Este é o noso día, o día sinalado onde os obreiros e obreiras de todos os países conmemoran o seu espertar a unha vida con consciencia de clase, a súa solidariedade na loita contra toda opresión, na loita por liberar millóns de traballadores da fame, miseria e humillación. Dous mundos érguense face a face: o mundo do capital e o do traballo; o mundo da explotación e a escravitude, e o da fraternidade e a liberdade. Loita entre un feixe de ricos parasitos que fixeron do Goberno e o exército os seus criados, contra millóns de traballadores e traballadoras, obrigados e obrigadas a suplicaren aos ricos o permiso de traballares para eles. Que ademais crean co seu traballo toda a riqueza, mentres teñen de loitar toda a vida para se faceren cunha vivenda que se encontra nas mans dos especuladores e dos bancos.