Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp
Mostrando postagens com marcador Lenin. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Lenin. Mostrar todas as postagens

9 de fevereiro de 2016

Frida Khalo e Trotski

Autorretrato de Frida Khalo. A súa derradeira obra.



«Comprendo claramente a dialéctica materialista de Marx, Engels, Lenin, Stalin e Mao Tsé. Ámoos como aos piares do novo mundo comunista. Xa comprendín o erro de Trotski des que chegou a México. Eu xamais fun trotskista.»

Frida Khalo. Cartas apaixonadas de Frida Kahlo. Compilación Martha Zamora. 2011.

19 de outubro de 2015

A propaganda antisoviética e Stalin
(1ª Parte)



Rob Gowland
TheGuardian (Semanario obreiro do Partido Comunista de Australia)
14/10/15 
Traducido do inglés por Aqueloutras

 
Que sería da propaganda antisoviética sen Stalin como bode expiatorio? Vaites, seguramente aínda estaría entre nós, abofé. É unha potente arma dentro da munición da loita de clases, e os ideólogos do capitalismo úsana decotío. Cando a Unión Soviética existía, calquera nova sobre os seus logros e innovacións era suprimida sempre que fose posíbel. Cando non o era – como aconteceu, por exemplo, co Spútnik ou os avións soviéticos- botaban man do escarnio e a calumnia.

Cando era estudante lembro como un compañeiro de aula me contou que os estibadores foran á folga para arruinaren a economía e posibilitaren a chegada dos rusos e que estes tomasen o mando. Como teoría da conspiración é difícil de superar.  Mais toda esa desinformación promovida con coidado empezou a chegar ao pouco tempo do comezo da Revolución.

27 de junho de 2014

Desde o 1 de xullo Aqueloutras publicará os principais apartados de As Mentiras de Khrushchev




Coa versión en galego da obra de Grover Furr As Mentiras de Khrushchev, publicada xa hai mais de un ano por Edición Benigno Álvarez,  xa practicamente esgotada (seica fican un ou dous exemplares na libraría Nobel de Ferrol), cun continuo goteo de encomendas chegadas maioritariamente do Brasil (vale ou non vale a nosa lingua?), cunha copia escaneada da versión inglesa dispoñíbel na Rede vai boa, coido que non se lle fai mal a ninguén, senón todo o contrario, publicando de vagar aqueles apartados máis interesantes e/ou amenos do libro. Todas aquelas persoas que, pola razón que for, aínda non tiveron a oportunidade de o consultaren van poder facelo a través desta páxina.

En Aqueloutras vanse ir subindo, aos poucos, os apartados cos seus respectivos apéndices. Uns materiais, estes últimos, que conforman a munición argumental deste amplo e rigoroso estudo do que pasou á Historia como o Discurso Secreto de Khrushchev.

A vindeira terza feira, 1 de xullo, publicarase o Apartado 1: O Culto á Personalidade co seu apéndice. Iráse publicando un apartado cada certo tempo (en principio todas as terzas feiras).

A Introdución de As Mentiras de Khrushchev pódese ler en http://edicionsbenignoalvarez.blogspot.com.

20 de maio de 2014

Coragem Intelectual - Grover Furr e o fascismo ideológico nos EUA

 Paulo Vinícius Silva
Coletivizando.blogspot.com

O Professor Grover Furr, que ensina História da Língua Inglesa, Literatura Mundial e História do Jornalismo na Universidade de Montclair (New Jersey, EUA) enfrenta há anos uma árdua batalha, nadando contra a corrente de um dogma que une trotskistas, utra-liberais, social democratas de esquerda, centro e direita, conservadores de todos os matizes, a grande imprensa burguesa, as religiões fundamentalistas, nazistas e fascistas de todos os nuances, e os revisionistas, ex-comunistas, kruschevistas et caterva: a demonização do líder soviético Josif Stalin.

1 de junho de 2013

“O camiño que me conduciu ao leninismo”. Ho Chi Minh



«Xusto despois da primeira guerra mundial traballaba como asalariado en París, como deseñador de antigüidades chinesas (fabricadas por unha firma francesa). Naquela época, distribuía acotío propaganda denunciando os males causados polo colonialismo. Defendía daquela a Revolución de Outubro simplemente por unha especie de simpatía espontánea, sen chegar a comprender aínda toda a súa importancia histórica. Amaba e respectaba a Lenin só por ser un grande patriota que liberara os seus compatriotas; non lera naquela época ningunha das súas obras.

4 de maio de 2013

A Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira





Asociado ao desenvolvemento do capitalismo na Rusia da segunda metade do século XIX, especialmente nas dúas últimas décadas, prodúcese un auxe do movemento obreiro e das súas loitas, limitadas estas ás reivindicacións económicas. Asemade, as ideas marxistas callan rápido entre os sectores progresistas da mocidade intelectual rusa.

23 de abril de 2013

Aniversario de Lenin



Grover Furr
Montclair State University

Hoxe é o aniversario do nacemento de Vladimir Lenin, o 22 de abril de 1870. O seu nome real era Vladimir Ilich Ulianov. “Lenin” era o seu nome revolucionario.

Lenin foi quizais o máis grande revolucionario de todos os tempos. Sen dúbida, é un dos xigantes, canda a Karl Marx e Friedrich Engels.