«Nestes momentos, a única estrutura política en forma de organización de clase, nacional e patriótica que mantén a bandeira da revolución, o socialismo e a independencia é Kimetz.»
Aurrera Langileria: Egunon Kimetz Kolektiboa.
Presentádevos como organización comunista. Como definiriades a vosa razón de
ser?
Kimetz Kolektiboa: Kimetz naceu no ano 2000, concretamente o 31 de decembro
de 1999. Diversos militantes adscritos á concepción marxista desta nación
constataban a necesidade dunha organización independente da clase obreira que
liderase, organizase, unificase e dirixise todas as loitas nunha mesma
dirección, a revolución social no contexto de Euskal Herria. Desde ese momento,
o noso labor máis importante foi traballar na creación do partido comunista da
clase obreira vasca.
