Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp
Mostrando postagens com marcador Citas. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Citas. Mostrar todas as postagens

9 de fevereiro de 2016

Frida Khalo e Trotski

Autorretrato de Frida Khalo. A súa derradeira obra.



«Comprendo claramente a dialéctica materialista de Marx, Engels, Lenin, Stalin e Mao Tsé. Ámoos como aos piares do novo mundo comunista. Xa comprendín o erro de Trotski des que chegou a México. Eu xamais fun trotskista.»

Frida Khalo. Cartas apaixonadas de Frida Kahlo. Compilación Martha Zamora. 2011.

1 de agosto de 2013

Así falaba a burguesía en 1917






«A Revolución Rusa é un perigoso exemplo de compartir a riqueza para a xente común doutras nacións, incluídos os estadounidenses, dándolles azos para conseguiren por medios políticos o que só se pode acadar mediante o traballo duro e a dilixencia.»

Rober Lansing, Secretario de Estado dos Estados Unidos entre 1915 e 1920. En David Horowitz, Containment and Revolution.

24 de maio de 2013

Sobre a “neutralidade escolar” da pedagoxía pequenoburguesa


«”Sería un crime contra o sacro misterio da alma infantil –dise- levar até ela as nosas preocupacións e os nosos odios.” E mentres, até no máis agochado recuncho da sociedade capitalista, todo está construído e calculado para servir os intereses da burguesía, o pedagogo pequenoburgués coida que pon a salvo a alma dos nenos porque nas horas que pasa pola escola se esforza en ocúltalle ese mundo tras unha espesa cortina de fume. Seica non están, porén, os intereses da burguesía nos textos que o neno estuda, na moral que se lle inculca, na historia que se lle ensina?
A chamada “neutralidade escolar” só ten por obxecto subtraer o neno da verdadeira realidade social: a realidade da loita de clase e da explotación capitalista; capciosa “neutralidade escolar” que durante moito tempo serve á burguesía para disimular mellor os seus fundamentos e defender así os seus intereses.»

Educación e Loita de Clases. Aníbal Ponce, comunista, profesor e psicólogo arxentino.

23 de maio de 2013

Canta razón tiña o burgués Churchill




 «A historia será amábel connosco, cabaleiros, porque teño a intención de escribila eu.»
 
Winston Churchill
 

 «Os líderes británicos consideraron moi seriamente pactar a paz con Berlín e facer causa común cos nazis contra a súa verdadeira bête noir, a Rusia bolxevique. A maioría dos membros da clase dirixente británica non só buscaban acougar Hitler, senón que o admiraban a el e á súa cruzada antisoviética. Mentres estaban ostensiblemente en guerra contra Alemaña, os líderes conservadores británicos buscaban unha rota para as forzas aliadas a través de Escandinavia e Finlandia, para lanzar un ataque contra a Unión Soviética, unha acción que Churchill apoiou inclusive despois de que os finlandeses asinaran un tratado de paz con Moscova en marzo de 1940, e nos momentos en que os nazis invadían toda Europa.»

                                                                            A Historia como Misterio, Michael Parenti

16 de maio de 2013

Sobre o papel da socialdemocracia no movemento obreiro



 
«A realización decisiva do Partido Socialdemócrata de Alemaña, após 1945, consiste en lograr inculcar as ideas anticomunistas no movemento obreiro da Alemaña Occidental.»

Ulrich Lomar, deputado do PSDA no Bundestag da República Federal Alemá.
Citado por Helmut Bohn en Siegen ohne Krieg (1959).

10 de maio de 2013

Comédevos o noso sangue



Melbourne (Australia), ano 1890. Como todos os 21 de abril desde 1857, algunhas agrupacións obreiras e sindicais celebran a chamada “Festa do Traballo” para festexar a consecución da xornada laboral de 8 horas. Desfilan diante dos poderosos da cidade, nun acto desclasado e domesticado.

Canso disto, o zapateiro John William 'Chummy' Fleming, anarquista, coa axuda de John White, irrompe no desfile e ábrese paso até a cabeceira, onde enarbora unha bandeira negra feita con vellos trapos de algodón en que se pode ler:


 “Comédevos o noso sangue e a nosa carne, hienas capitalistas.
É o voso banquete funerario”.


[Citado por Maurice Dommanget na súa Historia do 1º de Maio]