Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp
Mostrando postagens com marcador Sindical. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Sindical. Mostrar todas as postagens

8 de junho de 2013

A CIG denuncia o escandaloso aumento das rendas empresariais fronte ás salariais nun momento de forte contracción económica




A Confederación Intersindical Galega denuncia que na etapa de maior contracción da actividade económica en Galiza, as rendas empresariais aumentaron de forma escandalosa até superar, por vez primeira na historia, a masa de remuneración de asalariados. Unha situación que evidencia o transvase de riqueza da clase traballadora á empresarial; o grave incremento das desigualdades sociais e que fai aínda máis urxente e necesaria a mudanza das fracasadas políticas económicas, fiscais e laborais.

A actividade en Galiza medida a través do Produto Interior Bruto (PIB) reduciuse un 1,2%. Unha redución que non afectou de igual forma aos distintos axentes que participan na mesma. Mentres que no ano 2011 a remuneración total de asalariados/as supoñía o 45,7% do PIB, no ano 2012 foi de tan só o 43,7%. Pola contra, o excedente bruto de explotación (rendas empresariais) pasou dun 45,4% a un 47,4%. Porén isto non ocorreu porque as rendas empresariais diminuíran menos que as rendas dos traballadores, senón que as rendas empresariais aumentaron en tempos de crise.

Isto constata o claro transvase de rendas da clase traballadora á clase empresarial. E non é só que a clase empresarial resista mellor a crise, senón que se está a aproveitar claramente dela.

Esta negativa distribución da renda agrávase co feito de que o investimento das empresas no tecido produtivo reduciuse durante este ano nun 4,1% . É dicir, este maior beneficio non se está reinvestindo na economía.


2011
2012
2011
Porcentaxe sobre o total
2012
Porcentaxe sobre o total
Remuneración asalariados/as
26.064.237
24.640.637
45,7
43,7
Excedente bruto de explotación / renda mista
25.885.526
26.761.612
45,4
47,4
Impostos netos sobre produción
5.036.304
4.972.213
8,9
8,9
PIB
56.986.067
56.374.462
100
100

* Fonte IGE. Contas Económicas trimestrais

A CIG denuncia que este incremento das desigualdades sociais e de concentración da riqueza en mans de oligarcas e especuladores vén provocada polas políticas económicas dos gobernos do PP no estado e na Xunta. Políticas como a reforma laboral e a da negociación colectiva, que se están a adoptar so pretexto de superar a crise e crear emprego e que, pola contra, están a xerar unha fortísima destrución de emprego e unha escandalosa caída dos salarios.

29 de maio de 2013

Sindicalismo e anticlericalismo no Ferrol de preguerra



Eliseo Fernández
Fragmento de Obreirismo Ferrolán, Ed. A Nosa Terra, 2005

«Un importante rasgo distintivo do sindicalismo de preguerra foi o anticlericalismo. Aínda que o poder da igrexa ía minguando a medida que algunhas formas democráticas ían arraigando na nosa terra, a comezos de século a institución eclesiástica aínda controlaba importantes mecanismo de poder, que afectaban terreos tan importantes como o ensino, ou a celebración de actos polo nacemento e a morte das persoas. Foi por iso que as forzas de esquerda, nos primeiros tempos, argallaron unha especie de resistencia civil contra aquela omnipresente institución: erguendo escolas laicas ou celebrando actos civís (matrimonios, nacementos e enterros), militantes socialistas, anarquistas e republicanos amosaban a súa opción aconfesional.

17 de maio de 2013

Milleiros de obreir@s do naval escenifican a execución de Feijóo diante da sede do PP en Ferrol


Tamén o alcalde de Ferrol foi 'declarado culpábel e sentenzado á morte' nunha multitudinaria mobilización en que reclamaron, máis unha vez, carga de traballo

Imaxe tomada de ferrolsuso.blogspot.com

Sermos Galiza
M.E.

Máis de dous milleiros de operari@s do naval ferrolán mobilizáronse esta quinta feira, paraugas en man, para reclamar carga de traballo para a comarca.  Canda si dous bonecos coas caretas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.

Após simular un xuízo e ditar sentenza, queimaron os monicreques diante da sede local do PPdG, onde rematou o protesto, ao consideralos culpábeis de que a construción do flotel que, segundo a Xunta, tería encargado a petroleira mexicana Pemex, non veña finalmente para a comarca. A reclamación do dique flotante estivo tamén presente no protesto.

A manifestación saíu e voltou á factoría de Navantia e moveuse lonxe da casa do Concello, fortemente custodiada por cinco furgonetas de antidisturbios e varios carros da policía municipal. No camiño fixeron unha parada para apoiar @s traballador@s de Benestar da Xunta de Galiza, que protestaban contra o desmantelamento da atención á dependencia.