Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

9 de fevereiro de 2016

Frida Khalo e Trotski

Autorretrato de Frida Khalo. A súa derradeira obra.



«Comprendo claramente a dialéctica materialista de Marx, Engels, Lenin, Stalin e Mao Tsé. Ámoos como aos piares do novo mundo comunista. Xa comprendín o erro de Trotski des que chegou a México. Eu xamais fun trotskista.»

Frida Khalo. Cartas apaixonadas de Frida Kahlo. Compilación Martha Zamora. 2011.

20 de outubro de 2015

19 de outubro de 2015

A propaganda antisoviética e Stalin
(1ª Parte)



Rob Gowland
TheGuardian (Semanario obreiro do Partido Comunista de Australia)
14/10/15 
Traducido do inglés por Aqueloutras

 
Que sería da propaganda antisoviética sen Stalin como bode expiatorio? Vaites, seguramente aínda estaría entre nós, abofé. É unha potente arma dentro da munición da loita de clases, e os ideólogos do capitalismo úsana decotío. Cando a Unión Soviética existía, calquera nova sobre os seus logros e innovacións era suprimida sempre que fose posíbel. Cando non o era – como aconteceu, por exemplo, co Spútnik ou os avións soviéticos- botaban man do escarnio e a calumnia.

Cando era estudante lembro como un compañeiro de aula me contou que os estibadores foran á folga para arruinaren a economía e posibilitaren a chegada dos rusos e que estes tomasen o mando. Como teoría da conspiración é difícil de superar.  Mais toda esa desinformación promovida con coidado empezou a chegar ao pouco tempo do comezo da Revolución.

10 de outubro de 2015

Medra a opinión de que foi o medo aos soviéticos, máis que á bomba atómica, o que forzou a rendición de Xapón



Slodoban Lekic
Traducido do inglés por Aqueloutras


Mentres os Estados Unidos lanzaban as súas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945, 1.600.000 soldados soviéticos encetaban un ataque sorpresa contra o exército xaponés que ocupaba o leste de Asia. Aos poucos días, o exército que o emperador Hirohito tiña nesas costas, formado por un millón de soldados, colapsou. 

Foi un cambio transcendental na batalla do Pacífico da Segunda Guerra Mundial, aínda que eclipsado en boa parte nos libros de historia polas bombas atómicas guindadas sobre Hiroshima e Nagasaki nesa mesma semana hai agora 65 anos. Mais nos últimos anos algúns historiadores argumentan que a acción soviética foi tan eficaz como as bombas soviéticas, ou posibelmente máis, en lograr a fin da guerra.

27 de setembro de 2015

Quen está detrás da “Rede Siria para os Dereitos Humanos”?







Emmanuel Wathelet
Investig’Action
17/09/15
Traducido do francés por Aqueloutras

«A primeira vítima da guerra é a verdade», afirmara Rudyard Kipling. Algo particularmente certo no caso tráxico da Siria. Neste artigo cuestionarei a validez dunha serie de gráficos amplamente difundidos estes últimos días nos medios occidentais que virían demostrar o carácter unilateralmente criminal  do accionar de Bachar Al-Assad no conflito sirio.

20 de julho de 2015

Stalin e Hitler: irmáns xemelgos ou inimigos mortais?, por Domenico Losurdo



Traducimos para o galego un traballo de Domenico Losurdo publicado na revista italiana Historia Magistra o pasado ano. A través de coidadas referencias bibliográficas, o historiador italiano vai debuxando os trazos de dúas persoas, e dúas ideoloxías, absolutamente opostas. 

O autor céntrase principalmente na posición de Hitler e Stalin en temas como o racismo, a colonización ou o escravismo.

Losurdo chega a unha conclusión clara, Hitler si que semella irmán xemelgo de alguén, mais non de Stalin, senón de Churchill.

Preme aquí para visualizar ou descargar o arquivo en formato PDF.

2 de setembro de 2014

Por que Khrushchev atacou a Stalin?
(Primeiro apartado do Capítulo 12 de As Mentiras de Khrushchev)



Despois de ver algúns exemplos de como Khrushchev mentiu para así poder atacar a Stalin, xorde necesariamente unha pregunta:  Por que? Por que atacou Khrushchev a Stalin? Por que botou man de tantas mentiras?

Estamos perante unha tentativa de Nikita por borrar o seu papel na represión dos anos 30 e asentar o seu poder? Será a resposta correcta a dada polo Partido Comunista Chinés ou “resposta antirrevisionista”? Ou, se cadra, terémoslle de facer caso ao historiador Iuri Zhukov que afirma que o obxectivo do Discurso era acabar coas tentantivas de reformas que Stalin e os seus colaboradores propuxeran especialmente nos últimos anos?

Por que Khrushchev atacou a Stalin?
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

26 de agosto de 2014

Deportacións de nacionalidades
(Apartado 39 de As Mentiras de Khrushchev)



O Discurso de Khrushchev chega ao que posibelmente constitúa o Santo Graal da argumentación contra Stalin e a URSS da súa época. O das deportacións, que evidentemente existiron, é un tema complicado que precisa de moita contextualización. Cando nunha poboación dada o índice de colaboración co inimigo é tan elevado que castigar os culpábeis suporía prácticamente a imposibilidade de supervivencia dese pobo, a pregunta que nos temos de facer é: había algunha outra alternativa?
Como sempre, as achegas de Furr poden centrar o debate nos seus termos xustos.


Apartado 39: Deportacións de nacionalidades
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.
 

19 de agosto de 2014

Stalin deseñaba as operacións militares nun globo terráqueo
(Apartado 37 de As Mentiras de Khrushchev)




Nun momento do seu Discurso, a Khrushchev descamíñaselle a testa, directamente. Mellor non comentar nada, xa o di todo o de arriba..

Apartado 37: Stalin deseñaba as operacións militares nun globo terráqueo
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

12 de agosto de 2014

Stalin, un mal comandante
(Apartado 35 de As Mentiras de Khrushchev)



Khrushchev dedicou boa parte do seu discurso a tentar minusvalorar o papel de Stalin durante a guerra. Buscaba dar unha imaxe de Stalin como unha persoa desquiciada, ignorante do punto de vista militar e déspota para facer e desfacer no campo de batalla segundo o seu irracional criterio, provocando moitas mortes evitábeis…
Mais que pensaban do papel de Stalin na guerra os mandos militares soviéticos, algún deles recoñecidos adversarios de Stalin? Neste apartado podemos comprobalo.

Apartado 35: Stalin, un mal comandante
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

5 de agosto de 2014

Comandantes asesinados
(Apartado 33 de As Mentiras de Khrushchev)



Dentro do Capítulo 5 de As Mentiras de Khurshchev, un apartado está dedicado á acusación de que Stalin ordenara acabar con moitos comandantes inocentes ao inicio da guerra, limitando así a experiencia militar do exército e, xa que logo, poñendo en perigo a vitoria soviética. Sen deterse moito nesta acusación, ofrecendo máis ben unhas cantas referencias bibliográficas onde si se estuda polo miúdo, Grover Furr achega algunhas ideas básicas para comprendermos a realidade dos feitos.

Apartado 33: Comandantes asasinados
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

29 de julho de 2014

O soldado alemán
(Apartado 32 de As Mentiras de Khrushchev)





Khrushchev sabía que para deslixitimizar a Stalin tiña de combater algo que era evidente: Stalin era o líder da URSS que esmagou os nazis. Por tanto, boa parte do seu Discurso está encamiñado a eivar o papel militar de Stalin, deixando caer que a URSS venceu a pesar dos múltiples erros de Stalin.
Neste apartado, Khrushchev terxiversa o caso de Alfred Liskow, soldado alemán que desertara e atravesara as liñas soviéticas para informar do ataque nazi. Di Khrushchev que Liskow foi fusilado de inmediato e que Stalin fixo caso omiso da información. Minte, nin foi fusilado nin Stalin foi informado.


Apartado 32: O soldado alemán
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

22 de julho de 2014

Stalin non fixo caso da advertencias de guerra
(Apartado 30 de As Mentiras de Khrushchev)



Damos un salto para nos situarmos no Capítulo 5 dedicado á guerra contra os fascistas, a Grande Guerra Patriótica. Neste ámbito, como non podía ser doutro xeito, tamén Stalin vai recibir paus considerábeis por parte de Khrushchev. Que se era un mal comandante, que non fixo caso dos avisos, que mandou matar comandantes por capricho…, e até que deseñaba as operación nun globo terráqueo, afirmación que nos trae a memoria a coñecida escena de Chaplin no seu O gran ditador. 
Por suposto, afirmacións todas elas falsas.

Apartado 30: Stalin non fixo caso das advertencias de guerra
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

15 de julho de 2014

“Dirección colexiada” no traballo
(Apartado 3 de As Mentiras de Khrushchev)



É curioso que aqueles que critican o culto a Stalin, segundo eles creado e fomentado por este, participen deste culto, debuxándonos un Stalin todopoderoso, dirixindo con man de ferro calquera asunto que tivese lugar na URSS, desde a Illa de Ratmanova, no leste, a Kalingrado, no oeste, desde a Península de Taimir, no Ártico, até Kushka, xunto a Afganistán.

A realidade, en troca, éche ben distinta. Os testemuños das persoas que traballaron con Stalin, amigos e opositores, son concluíntes: as decisións políticas na Unión Soviética eran tomadas por consenso nos órganos de dirección. Era un ingrediente da cultura bolxevique que Khrushchev dilapidou, custándolle o seu posto.

Apartado 3: “Dirección colexiada” no traballo
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.

8 de julho de 2014

O “Testamento” de Lenin
(Apartado 2 de As Mentiras de Khrushchev)



A deixar á marxe a incongruencia de calquera tipo de “testamento” co estilo de traballo bolxevique, a carta que Lenin envía ao Congreso do Partido en decembro de 1922, coñecida anos despois entre os opositores como “Testamento de Lenin”, viría ser para estes a proba definitiva da dexeneración soviética coa chegada do “renarte” Stalin ao posto de Secretario Xeral e o afastamento das ideas de Lenin.

Mais, é certo que Lenin non confiaba en Stalin? Existiu un afastamento entre os dous? De ser así, como é posíbel que Lenin lle pedira a Krupskaia, a súa esposa, que obtivese de Stalin, e de ninguén outro, a promesa de conseguirlle cápsulas de cianuro para evitar os seus horríbeis padecementos? (Stalin, quen nun principio aceptara, informou pouco despois ao Politburo non ter forzas para o facer).

Neste apéndice, Grover Furr achega documentación crucial para coñecermos a auténtica relación de Stalin con Lenin e o seu círculo familiar.

Apartado 2: O “Testamento de Lenin”
Ver ou descargar o arquivo AQUÍ.