A Confederación
Intersindical Galega denuncia que na etapa de maior contracción da actividade
económica en Galiza, as rendas empresariais aumentaron de forma escandalosa até
superar, por vez primeira na historia, a masa de remuneración de asalariados.
Unha situación que evidencia o transvase de riqueza da clase traballadora á
empresarial; o grave incremento das desigualdades sociais e que fai aínda máis
urxente e necesaria a mudanza das fracasadas políticas económicas, fiscais e
laborais.
A actividade en Galiza medida a través do Produto Interior Bruto (PIB)
reduciuse un 1,2%. Unha redución que non afectou de igual forma aos distintos
axentes que participan na mesma. Mentres que no ano 2011 a remuneración total
de asalariados/as supoñía o 45,7% do PIB, no ano 2012 foi de tan só o 43,7%.
Pola contra, o excedente bruto de explotación (rendas empresariais) pasou dun
45,4% a un 47,4%. Porén isto non ocorreu porque as rendas empresariais
diminuíran menos que as rendas dos traballadores, senón que as rendas
empresariais aumentaron en tempos de crise.
Isto constata o claro transvase de rendas da clase traballadora á clase
empresarial. E non é só que a clase empresarial resista mellor a crise, senón
que se está a aproveitar claramente dela.
Esta negativa distribución da renda agrávase co feito de que o
investimento das empresas no tecido produtivo reduciuse durante este ano nun
4,1% . É dicir, este maior beneficio non se está reinvestindo na economía.
|
2011
|
2012
|
2011
Porcentaxe sobre o total
|
2012
Porcentaxe sobre o total
|
Remuneración asalariados/as
|
26.064.237
|
24.640.637
|
45,7
|
43,7
|
Excedente bruto de explotación / renda mista
|
25.885.526
|
26.761.612
|
45,4
|
47,4
|
Impostos netos sobre produción
|
5.036.304
|
4.972.213
|
8,9
|
8,9
|
PIB
|
56.986.067
|
56.374.462
|
100
|
100
|
* Fonte IGE. Contas Económicas trimestrais
A
CIG denuncia que este incremento das desigualdades sociais e de concentración
da riqueza en mans de oligarcas e especuladores vén provocada polas políticas
económicas dos gobernos do PP no estado e na Xunta. Políticas como a reforma
laboral e a da negociación colectiva, que se están a adoptar so pretexto de
superar a crise e crear emprego e que, pola contra, están a xerar unha
fortísima destrución de emprego e unha escandalosa caída dos salarios.
Nenhum comentário:
Postar um comentário