Para o vindeiro sábado 20 de xullo a partir das 18:00 H, o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE está a organizar o acto
recibimento ao o ex-preso político dos GRAPO Suso Cela Seone. O noso
Susiño saíu en liberdade o pasado día 13 logo de permanecer 23 anos en prisión,
os 5 últimos secuestrado en función da “enxeñería xurídica” deseñada na
Audiencia Nacional por encargo do Ministerio do Interior do Réxime. Situación
na que aínda se atopan, entre outros, os vigueses Xaime Simón Quintela (28 anos
ininterrompidos) e Olga Oliveira (23 anos), ambos vítimas do terrorismo do
Estado vía “Doutrina Parot”.
Para o Recibimento esperamos contar coa presencia de diferentes
Colectivos pro-Amnistía e pro-persoas presas da cidade, amais dunha
representación do Socorro Roxo Internacional vigués e de numerosos amigos e
solidarios chegados de diferentes puntos da xeografía galega e estatal. A
Xornada comezará as 18:00 horas cun acto político no que haberá diferentes
intervencións. A continuación, sempre tomando como referencia o Bar Faluya na
rúa do Orzán 75 da Coruña, o COMITÉ organizará unha cea informal a base de
pinchos. Como remate á xornada, tamén haberá unha breve actuación musical a
cargo duns amigos do COMITÉ, solidarios cos presos e presas e simpatizantes da
causa en prol da Amnistía.
BENVIDO SUSO CELA!!
SÁBADO 20 DE XULLO ÁS 18:00 H NO BAR FALUYA!!
TODOS E TODAS COS PRESOS E PRESAS!!
AMNISTÍA TOTAL!!
COMITÉ DE SOLIDARIEDADE
Que pasa?... xa levamos moito tempo sin saber nada de ti...
ResponderExcluirQue sexa por ben...
Saudiña.
Obrigado polo teu interese, Porthos.
ResponderExcluirNon te preocupares, as cousas van todo o ben que poden ir nestes tempos. Un algo máis despacio que noutros tempos, mais aínda en pé de loita. Aquí estamos e seguiremos a estar.
Saúde!