«”Sería
un crime contra o sacro misterio da alma infantil –dise- levar até ela as nosas preocupacións e os
nosos odios.” E mentres, até no máis agochado recuncho da sociedade
capitalista, todo está construído e calculado para servir os intereses da
burguesía, o pedagogo pequenoburgués coida que pon a salvo a alma dos nenos
porque nas horas que pasa pola escola se esforza en ocúltalle ese mundo tras
unha espesa cortina de fume. Seica non están, porén, os intereses da burguesía
nos textos que o neno estuda, na moral que se lle inculca, na historia que se
lle ensina?
A chamada “neutralidade escolar” só ten por
obxecto subtraer o neno da verdadeira realidade social: a realidade da loita de
clase e da explotación capitalista; capciosa “neutralidade escolar” que durante
moito tempo serve á burguesía para disimular mellor os seus fundamentos e
defender así os seus intereses.»
Educación e Loita de Clases. Aníbal Ponce, comunista,
profesor e psicólogo arxentino.
Nenhum comentário:
Postar um comentário