Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

22 de maio de 2013

Ei, neotrotskistas, como van as revolucións árabes?
Chegou xa o socialismo?



Serán estas as novas Brigadas Internacionais? Para algúns semella que si.

Estaba vendo ese marabilloso filme que é Terra e Liberdade, todo un modelo de rigor histórico, cando se me veu á cabeza, non sei por que estraña razón, que hai moito que non leo ren verbo dos avanzos socialistas nos países da Primavera Árabe.

Pouco ou nada sabemos da Tunisia, Exipto ou inclusive a Libia, onde artigos como este presumían unha rápida transformación socialista da realidade. É unha mágoa esta falta de información porque, a termos en conta a descrición dos revolucionarios e dos seus obxectivos que con tanto entusiasmo nos facían os Alba Rico foráneos e patrios, seguramente estes países estean a vivir uns días que, como aqueloutros de 1917, conmoverán o mundo.

Imaxino que na Tunisia xa andarán na fase de construción dunha ampla rede de soviets para comandar o poder popular, e supoño que en Exipto ondea a bandeira vermella no Pazo Presidencial e a relixión xa ficou limitada ao ámbito privado. E na Libia? Vaites, aí xa estará moi adiantada a loita antipatriarcal, como suxire esta esperanzadora nova. Desde xa, propoño que ao materialismo filosófico, a doutrina económica e a teoría do socialismo científico, engadir a xaría como novo piar do marxismo.

Pensando no porqué da falta de novas, especialmente de lembrarmos o torrente informativo anterior, seguramente que tanto o Gara, Rebelión, Diagonal, como os seus clons deste lado do Padornelo, estean moi atarefados loando as fazañas na Siria desas auténticas Brigadas Internacionais resucitadas, que xa edifican unha nova sociedade, aínda que sexa a base de comer corazóns.

Aos propagandistas destes liberadores, anímoos a que dean un paso máis alá. Que o seu apoio non se limite ás palabras. Que pidan armas a calquera Goberno europeo, a algunha petromonarquía ou a Tel Aviv, e crucen con coraxe a fronteira siria. Estou certo que os malvados combatentes da FPLP-Comando Xeral, as aínda máis malvadas Milicias Populares, presentes xa en case todo o país, e as satánicas forzas regulares, liscarán batendo cos calcaños no cu ante a súa soa presenza... E non me estraña.

Nenhum comentário:

Postar um comentário