(Cancións Proletarias. Seis Mulleres)
Carme traballa no Casino de
Ferrol
Entra as 5 pola porta de servizo
Ollada triste, andar cansino
A puta rutina de todos os días
Bata azul, sandalias brancas
Avanza coa fregona polo piso do
Casino
Próxima parada no bater de
señoras
Piruquita de Lacaci non caga
amapolas
Páganche pouco, por moito que
che deran
Non hai cartos dabondo pra pagar o seu desprezo
Desprezan a túa clase, desprezan
a túa lingua
Desprezan o acento que herdaches
dos teus vellos
Hai un muro que non é o de
Berlín
Non é de pedra, non leva
formigón
Non falan del os Walesas e os
patróns
Mais ti séntelo forte no
interior
Como cincel a partirche o
corazón
Como pistola apuntándoche a sen
É invisíbel, o muro non se ve
Mais tan real como o muro de
Bazán
Chama a túa xente, na unión está
a forza
Non teñas medo a dares un mal
paso
Ao teu carón avanzan un millón
E se tropezas apóiate en nós
Xuntos podemos derrubar ese muro
E de vermello pintar o amencer
Non é doada a loita contra a
Besta
Mais de seguro, a vitoria será
nosa!