Grover Furr
Montclair State University
Hoxe é o aniversario do nacemento de Vladimir
Lenin, o 22 de abril de 1870. O seu nome real era Vladimir Ilich Ulianov. “Lenin”
era o seu nome revolucionario.
Lenin foi quizais o máis grande revolucionario
de todos os tempos. Sen dúbida, é un dos xigantes, canda a Karl Marx e
Friedrich Engels.
Aínda temos moito que aprendermos del.
Outros grande revolucionario, de orixe
obreira, foi Stalin. Lenin proviña da pequena burguesía, como Marx e Engels.
Demostraron que, en última instancia, o que
conta dunha persoa é a súa ideoloxía, e ao que decida dedicar a súa vida. Como
Marx e Engels, os seus grandes mestres e modelos, Lenin dedicou a súa vida aos
explotados e oprimidos do mundo- a clase obreira en primeiro lugar, mais tamén o
campesiñado e os super explotados polo colonialismo e o racismo.
Debemos estudar as obras de Lenin –criticamente,
por suposto. Mais tamén con respecto, xa que delas temos moito que aprender. É
difícil de facer, combinarmos crítica e respecto. É algo que temos de aprender
a facer mellor.
Lenin representada un movemento enteiro e toda
unha época histórica, nunca fixo nada “para si”. Asemade, empurrou, cos seus
incansábeis esforzos, á clase obreira na súa loita polo comunismo.
Nós, os traballadores con consciencia de
clase, intelectuais, estudantes e moitos outros en todas partes, temos con el
unha débeda inmensa. A mellor maneira de recoñecer a débeda é traballarmos pola
revolución comunista, e facelo o mellor que poidamos.
Por tanto, feliz aniversario Lenin! Unha
grande inspiración para todos nós, todos os días!
HONRA & GLÓRiA!
ResponderExcluirBoas, camarada. Tes comentado algunha vez en Estoutras. Benvido agora a Aqueloutras.
ResponderExcluir