O formidábel traballo de investigación do
historiador estadounidense Grover Furr sairá do prelo en maio. Edicións Benigno
Álvarez, novo proxecto editorial, publicará en galego esta obra que analiza o
que está considerado o discurso máis importante do século XX, o Discurso
Secreto de Nikita Khrushchev durante o XX Congreso do PCUS.
O libro, de 442 páxinas, é o resultado do
traballo de investigación de máis de dez anos de Furr. O seu dominio da lingua
rusa permitiulle estudar directamente as fontes primarias orixinais, coas que
vai desmontando, unha a unha, até 61 “revelacións” de Khrushchev.
O autor estará na Galiza a finais de maio,
onde ofrecerá varias palestras en distintas cidades galegas.
Publicado orixinariamente en ruso, por agora estaba
traducido ao inglés, vietnamita e turco. As persoas interesadas poden reservar
xa o seu exemplar escribindo a esta mesma páxina, aqueloutras@gmx.com , ou a Edicións
Benigno Álvarez, edicionsba@gmx.com .
Máis información en poucos días.