Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

30 de abril de 2013

As Mentiras de Khrushchev, de Grover Furr, en maio




O formidábel traballo de investigación do historiador estadounidense Grover Furr sairá do prelo en maio. Edicións Benigno Álvarez, novo proxecto editorial, publicará en galego esta obra que analiza o que está considerado o discurso máis importante do século XX, o Discurso Secreto de Nikita Khrushchev durante o XX Congreso do PCUS.

O libro, de 442 páxinas, é o resultado do traballo de investigación de máis de dez anos de Furr. O seu dominio da lingua rusa permitiulle estudar directamente as fontes primarias orixinais, coas que vai desmontando, unha a unha, até 61 “revelacións” de Khrushchev.

O autor estará na Galiza a finais de maio, onde ofrecerá varias palestras en distintas cidades galegas.

Publicado orixinariamente en ruso, por agora estaba traducido ao inglés, vietnamita e turco. As persoas interesadas poden reservar xa o seu exemplar escribindo a esta mesma páxina, aqueloutras@gmx.com , ou a Edicións Benigno Álvarez, edicionsba@gmx.com .

Máis información en poucos días.

Um comentário: