1. O trotskista avoga decididamente pola unidade. De facto, sabe que a súa
Cuarta Internacional é a única, entre as ducias de Cuartas Internacionais, que
loita realmente pola unidade.
2. O trotskista coñece un método preciso para se posicionar diante de calquera
conflito político ou militar: estudar cais son os intereses dos Estados Unidos
e deféndeos con paixón: URSS, Vietnam, Afganistán, Iugoslavia, Iraq, Libia,
Siria...
3. O trotskista ten no entrismo un piar fundamental da súa praxe política.
Basicamente consiste en afiliarse nunha organización sistémica, loitar
duramente por un posto de moqueta e, unha vez conseguido, presumir da súa tola
xuventude revolucionaria.
4. O trotskista adoita redactar extensos, retorcidos e enfastiantes textos
teóricos, mais collerían nun papel de fumar de borrarmos as seguintes palabras:
burocracia, Stalin, terror, entrismo e permanente.
5. O trotskista sabe quen é o culpábel de todo. Pouco importa que se trate
da historia do socialismo, do movemento comunista, do resultado da súa equipa
ou da súa vida afectiva: irremediabelmente, a culpa sempre é de Stalin.
6. (Instrución específica para o modelo de última xeración: o
Neotrotskista) O neotrotskista diferenciase do trotskista en que nunca se
declarará trotskista. Polo demais, cumpre á perfección coas cinco instrucións
anteriores.
Nenhum comentário:
Postar um comentário