O historiador estadounidense Grover Furr estará
na Galiza a finais deste mes de maio onde presentará o seu libro As Mentiras de Khrushchev, editado en
lingua galega por Edicións Benigno Álvarez.
O autor visitará Compostela, Ferrol e Vigo.
Nas dúas primeiras cidades, os actos están organizados polo Colectivo
Marxista-Leninista Forxa, mentres que en Vigo, é a Asociación Bou Eva a responsábel
da palestra, que terá continuación nunha cea de confraternización comunista coa
asistencia de Grover Furr (acboueva@gmail.com
para apuntarse).
En calquera dos tres actos, as persoas
interesadas poderán mercar o libro, ao prezo de 15€.
Este son os tres actos:
Compostela: 22 de maio, 19:00 H. Galería Sargadelos. Organiza Forxa.
Ferrol: 23 de maio. 19:30 H. Escola Oficial de Idiomas. Organiza Forxa.
Vigo: 25 de maio. 19:00 H. Local de Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra, 11) Organiza Bou Eva.
Máis información:
Edicións Benigno Álvarez: edicionsba@gmx.com
Bou Eva: acboueva@gmail.com
Forxa: forxagz@gmail.com
Nenhum comentário:
Postar um comentário