NOTA INFORMATIVA DE EDICIÓNS
BENIGNO ÁLVAREZ
O HISTORIADOR GROVER FURR
VISITARÁ GALIZA PARA PRESENTAR O SEU LIBRO AS
MENTIRAS DE KHRUSHCHEV
Desde Edicións
Benigno Álvarez queremos informar da próxima visita ao noso país do historiador
estadounidense Grover Furr, quen presentará o seu libro As Mentiras de Khrushchev, obra publicada en lingua galega que
acaba de saír do prelo.
Palestras-debate de Grover Furr:
Compostela
Cuarta feira 22 de maio, ás 19 horas
Galería Sargadelos. Rúa Nova, 16
Organiza Forxa
Ferrol
Quinta feira 23 de maio, ás 19:30 horas
Escola Oficial de Idiomas. Rúa Real, 29
Organiza Forxa
Vigo
Sábado 25 de maio, ás 19 horas
Local da Asociación Cultural Bou
Eva. Rúa Terzo de Fóra, 11
Organiza A.C. Bou Eva
Sobre o libro:
As Mentiras de Khrushchev, publicada
orixinalmente en lingua rusa no ano 2007 e traducida para o inglés, vietnamita,
turco e, agora, galego, céntrase no coñecido Discurso Secreto que Nikita Khrushchev pronunciou no XX Congreso do
PCUS, discurso moitas veces considerado como o máis influínte do pasado século.
O libro reúne as sorprendentes conclusións do traballo de investigación que,
durante dez anos, o autor realizou estudando as fontes primarias, nomeadamente
dos arquivos soviéticos. O seu dominio do ruso permitiulle analizar polo miúdo,
e sen intermediarios, unna documentación histórica que bota algo máis que
sombras sobre as “revelacións” de Khrushchev. “Revelacións” que provocaron
radicais cambios, non só no Movemento Comunista Internacional, senón
posibelmente no mundo.
Desde a súa
publicación en ruso, esta obra de Grover Furr ocupa un lugar central nos
círculos académicos rusos, onde máis avanzada está a investigación sobre a
historia da Unión Soviética.
Sobre o autor:
Grover Furr
(Washington D.C., 1944), Doutor en Literatura Medieval Comparada pola Princeton
University, forma parte desde 1970 do Departamento de Inglés da Montclair State University.
Incluído no
libro Os 101 académicos máis perigosos
dos Estados Unidos do escritor dereitista David Horowitz, interesouse desde
a súa mocidade pola lingua e literatura rusas. Desde a década dos 70 especializouse
no estudo da historia soviética, concretamente da época de Stalin.
Publicou
desde entón incontábeis artigos históricos en numerosas revistas
especializadas, así como cinco libros, algúns deles en colaboración con outros
investigadores rusos e estadounidenses:
- As Mentiras de Khrushchev. Edicion
orixinal en ruso por Algoritmo. Moscova. 2007.
- Stalin calumniado. Xunto con Iurii
Mukhin e Aleksei Golenkov. En ruso. Eksmo. Moscova. 2009.
- 1937. A xustiza de Stalin. Nada que apelar.
Con Vladimir Bobrov. En ruso. Eksmo. Moscova. 2010.
- Beria. Imperio GULAG. Xunto con David
Holloway e Donald Rayfield. En ruso. Algoritmo. Moscova. 2012.
- Stalin e a Democracia. Trotski e os Nazis.
En turco. Yazilama. Istambul. 2013.
Sobre a Editorial
Edicións
Benigno Álvarez nace coa publicación desta obra e ten vocación de continuidade.
Edicións
Benigno Álvarez é unha editorial galega, independente e de carácter comunista,
cuxo obxectivo é difundir na Galiza obras impresas en lingua galega
relacionados coa historia do socialismo e co movemento comunista. Todo o
diñeiro recadado na venda dos nosos libros vai destinado aos gastos de edición,
distribución e, se posíbel, publicación de novos materiais.
Nenhum comentário:
Postar um comentário