1. O ideoloxista sabe que ti es un revisionista.
2. O ideoloxista concibe o marxismo-leninismo non como guía de acción, senón como dogma de fe. Consecuentemente, as súas elaboracións teóricas son Credos; a súa propaganda política, estampas relixiosas; e nos debates entre comunistas, non critica o opoñente, lánzalle anatemas.
3. O ideoloxista coñece antes que ninguén, e até nos máis nimios detalles,
a última acción política que tivo lugar a 9 mil quilómetros da súa casa. Ora
ben, non perdas o tempo buscándoo na concentración do barrio.
4. O ideoloxista sabe de que vas
con só botarlle unha ollada á túa vestimenta.
5. O ideoloxista coñece unha fórmula matemática infalíbel
para valorar calquera escrito teórico. A suma do número de veces que se nomea
un clásico máis as veces que se di “revolucionario” (marxismo revolucionario, comunismo revolucionario, revolución revolucionaria) multiplícase polo número
de páxinas. De a cifra resultante for inferior a 100, estaríamos,
indubidabelmente, diante dun texto marcadamente revisionista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário