Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

8 de maio de 2013

Non á LOMCE: o 9 de maio folga no ensino

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público

Desde a Plataforma Galega, vimos realizando un labor de información e mobilización contra este proxecto de lei entre os que están numerosos actos e accións como xornadas, charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e peches rotatorios no mes de abril. Esta folga é, polo tanto, a continuación deste proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este proxecto de lei destrutora do ensino público.
A Plataforma considera que o día 9 de maio non é a data máis axeitada, por ser día festivo na capital galega e noutras localidades, e que o procedemento seguido polas organizacións estatais nesta convocatoria non é o axeitado, por tomaren unha decisión á marxe da dinámica galega e, polo tanto, excluíndo as organizacións que actuamos en Galiza. Malia esta desconsideración, que responde a un criterio totalmente centralista, optamos por convocar folga o día 9, xa que o fundamental é evidenciar o máximo rexeitamento á LOMCE para conseguir a súa retirada.
Desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, facemos un chamamento a participar activamente na folga e nas mobilizacións previstas para ese día 9, ás 11:30 horas, nas 7 cidades galegas e en diferentes localidades entre as que están Ourense, Vigo, Ferrol, Vilagarcía, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Burela, Santiago e Carballo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário