1. O sectario non milita nunha organización, milita NA ORGANIZACIÓN.
2. O sectario sabe que todas as análises da súa organización son
correctas. Se nalgún caso a realidade demostra o contrario, o sectario sabe que
quen está equivocada é a realidade, non a súa organización.
3. O sectario da organización A sabe que os seus camaradas, todos, son
mellores persoas que os do grupo B.
4. Se nunha liña ideolóxica imaxinaria, A está á no extremo da esquerda e
Z no extremo da dereita, o sectario da organización A sabe que o seu principal
inimigo é a organización B.
5. O sectario da organización A non precisa ler un artigo para o analizar.
Abóndalle con saber onde milita ou militaba o autor, algún familiar ou algún
amigo deste.
6. O sectario da organización A detesta tamén á organización C, mais se
esta ter un enfrontamento coa organización B, pasa a ser, de xeito automático,
politicamente aceptábel.
7. O sectario sabe que el non é sectario. E sabe que os militantes das outras
organizacións son, todos, sectarios.
Nenhum comentário:
Postar um comentário