Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

11 de maio de 2013

Bielorrusia: lembranza antifascista (28 imaxes)



Algunhas das edificacións máis emotivas con que Bielorrusia lembra a guerrilla antifascista, o Exército Vermello e todas as vítimas dos invasores nazis.


Outeiro da Gloria. Nas aforas da Smaliavichi, o monumento de case 36 metros elévase sobre un montículo artificial feito con terra traída dos campos de batalla de nove cidades da antiga Unión Soviética.


 



 
* * *

Panteón de Khatyn. No distrito de Logoisk atopamos este Panteón dedicado á memoria das vítimas de Khatyn. O 22 de marzo de 1943, os nazis arrodearon a pequena vila de Khatyn, despois de que os partisanos atacaran unha columna mecanizada alemá a seis quilómetros da poboación. Como castigo, todos os veciños, incluíndo anciáns, mulleres e crianzas, foron amoreados nun almacén e queimados vivos. 




  
* * *

Lembranza ás nenas e nenos vítimas do fascismo. Na vila de Krasny Bereg, na provincia de Homiel, construíuse este complexo, xusto no mesmo lugar en que estaba o campo de concentración Peresylki durante a guerra. Era exclusivo, como moitos outros, para nenas e nenos entre 8 e 14 anos. Pouco antes de rematada a guerra, as nenas e nenos foron enviados a Alemaña.






 * * *
  Liña Stalin. O conxunto de fortificacións que compuñan a Liña Stalin incluía instalacións defensivas no territorio de Bielorrusia. O complexo conmemora a Liña Stalin, todo un símbolo da heroica loita dos pobos soviéticos contra os invasores nazis.



 



* * *
 Monumento de Dobrush. Está erixido na beira do río Iput pola veciñanza da Dobrush. Os nomes dos 700 militares que morreron defendendo a vila dos ataques dos nazis están gravados no monumento.




 * * *
 Monumento de Ushachi. Nesta área de Ushachi, na provincia de Vitebsk, en maio de 1944, os guerrilleiros comunistas romperon o bloqueo.



 * * *
 Homenaxe á Dremlevo. O 11 de setembro de 1942, os nazis queimaron a aldea de Dremlevo, na provinica de Zhabinka. 196 persoas foron queimadas vivas. A aldea nunca volveu reconstruírse. O complexo levantouse en 1982.



 * * *
 Complexo conmemorativa da Fortaleza de Brest. O 22 de xuño de 1941, os poucos soldados da Fortaleza de Brest foron os primeiros en se enfrontaren ao exército alemán. Os nazis pensaban tomar a fortaleza o primeiro día. Resistiron dous meses.





 * * *
 Praza da Vitoria. Un obelisco de 38 metros domina a Praza da Vitoria de Minsk. Debaixo do obelisco, unha sala conmemorativa honra os heroes que morreron defendendo Bielorrusia.



 

 * * *
 Complexo conmemorativo de Buinichi. Nos campos de Buinichi, moi cerca da Mogilev, o avance nazi foi detido durante 23 días pola División de Fusileiros 388, estudantes da academia da NKVD e 12.000 partisanos.


Nenhum comentário:

Postar um comentário