Grover
Furr
05/05/13
Hoxe é o aniversario do nacemento de Karl
Marx..
Marx naceu o 5 de maio de 1818 en Trier,
Alemaña. Xunto co seu amigo e asociado Friedrich Engels, Marx inaugurou o
moderno movemento comunista.
Marx é o máis grande filósofo –economista,
teórico, pensador- do moderno movemento por unha sociedade igualitaria dirixida
por e para os produtores de todo o valor, a clase obreira.
Considero que o mellor xeito que temos de
conmemorar esta data é tentarmos continuar os seus pasos e edificar o movemento
que el encetou, un movemento pola xustiza e igualdade para todas as clases
traballadoras.
Temos un longo camiño por percorrermos. Mais
temos grandes predecesores, grandes devanceiros, neste movemento. E Marx é un
dos máis grandes.
Cumpre pensar en Marx todos os días e,
especialmente, hoxe, cando se cumpren 195 anos do seu nacemento.
Nenhum comentário:
Postar um comentário